Santiso
Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.
Santiso | |
---|---|
![]() Casa do Concello de Santiso. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | santisés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca da Terra de Melide |
Poboación | 1.509 hab. (2022)[2][3] |
Área | 67,4 km²[3] |
Densidade | 22,39 hab./km² |
Entidades de poboación | 17 parroquias[4] |
Capital do concello | Arcediago |
Política (2023 [5]) | |
Alcalde | Manuel Adán López (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 7 PPdeG: 2 |
Eleccións municipais en Santiso | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 93,54% |
Na rede | |
http://www.santiso.gal | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Demografía editar
Segundo o IGE no 2014 tiña 1.742 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santisés».
Censo total 2014 | 1.742 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 100 (5.74 %) |
Entre 15 e 64 anos | 990 (56.83 %) |
Maiores de 65 anos | 652 (37.43 %) |

Evolución da poboación de Santiso Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
4.173 | 4.787 | 4.831 | 2.892 | 2.212 | 1.980 | 1.838 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | |||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía editar
Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).
Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.
Economía editar
Destaca o sector primario. Na gandaría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.
Sendeirismo editar
Santiso conta cunha ruta homologada, a PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña". É circular, duns 14 km, accesible tamén para bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Santiso.
-
Igrexa de Santo Estevo de Pezobrés.
-
Encoro de Portodemouros. Á dereita Loño, Vila de Cruces; á esquerda, Santiso
-
Encoro de Portodemouros. Ó fondo, Santiso
-
Detalle do cruceiro da igrexa de Vimianzo.
Parroquias editar
Lugares de Santiso editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Santiso".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2023.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Santiso |
Ligazóns externas editar
- Páxina oficial do Concello de Santiso
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 125 Sendeiro de Visantoña - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |