Arzúa
Coordenadas: 42°55′37″N 08°09′56″O / 42.92694, -8.16556
Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «arzuán»[8].
Arzúa | |
---|---|
Casa consistorial. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | arzuán/arzuá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Arzúa |
Poboación | 5.918 hab. (2022)[2][3] |
Área | 155,4 km²[3] |
Densidade | 38,08 hab./km² |
Entidades de poboación | 22 parroquias[4] |
Capital do concello | Arzúa |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Xosé Luís García López (Alternativa por Arzúa[6]) |
Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 3 PSdeG-PSOE: 1 Outros: Alternativa por Arzúa 6, CxG 1 |
Eleccións municipais en Arzúa | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 79,60% |
Na rede | |
arzua.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.
DemografíaEditar
Censo total | 6219 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 631 (10,15 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3768 (60,59 %) |
Maiores de 65 anos | 1820 (29,26 %) |

Evolución da poboación de Arzúa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
9036 | 8743 | 10 754 | 7377 | 6632 | 6490 | 6328 | 6315 | 6276 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
CulturaEditar
ToponimiaEditar
Arzúa foi confundida coa cidade de Araduca, poboada por galaicos brácaros e situada preto do actual Porto, citada por Tolomeo na súa Xeografía do século II despois da era actual. Segundo Manuel C. Díaz y Díaz o topónimo tería orixe latina: argia, -mato-. En galego arxe, é palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso, de certa profusión no noroeste peninsular do século VII. A orixe do actual nome de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome de Arzúa sería Arçúa,(Arxúa en galego actual) co tempo castelanizaríase polo actual Arzúa[9]. Segundo Fernández López, Arzúa viría de A-Re-Sua ou aream sudam ("espazo soleado"), Ara-súa. Asentamento romano agrícola, leira en renda ou propiedade ben orientada ao sol que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX[10].
EtnografíaEditar
É tradición que as campás da igrexa de Santa María de Rendal, parroquia de Arzúa, posúen poderes curativos e son capaces de curar a dor de moas se os que a sufrían tanxían as campás collendo cos dentes o cabo do badalo o Sábado de Gloria. Tamén son curativas as augas da fonte de San Lourenso de Brandeso, noutrora moi nomeadas, estando indicadas para enfermidades da pel e úlceras crónicas [11].
Festas e celebraciónsEditar
A feira de Arzúa celébrase os días 8 e 22. Existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como a festa do queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:
- Mostra de Apicultura: a data de celebración é variable pero sempre ten lugar durante o mes de xaneiro.
- Feira do cabalo: 3 de xullo.
- Feira de artesanía: 22 de xullo.
- Primeira Feira dos Cans de Caza: último domingo de setembro.
- Segunda Feira de Cans de Caza: primeiro domingo de outubro.
- Feira do Capón: 22 de decembro.
A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro.[12] En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:
- Festa do Roscón de Pascua: en Dodro o sábado de Pascua.
- Festa dos Botes: en Arzúa o segundo domingo de agosto.
- Xornadas do Pan: organizadas pola asociación Ánxel Casal, no meses de agosto e setembro e rotando polas distintas freguesías arzuás.
- Festa do Deporte: durante o mes de setembro.
- Festa do Emigrante: en Boente, os segundos mércores e xoves do mes de agosto.
- Festa das castañas: en Rendal, o 31 de outubro.
Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:
- San Sebastián, na Mella, o domingo seguinte ao 20 de xaneiro.
- San Vicente, en Burres o 23 de xaneiro.
- As Candeas, en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ao 2 de febreiro (festa-exaltación do caldo galego).
- Domingo de Corredor : en Oíns o domingo anterior ao Entroido.
- Santa Cruz, en Branzá o 3 de maio e en Maroxo o 11 de setembro.
- Perpetuo Socorro, en Brandeso o 21 de maio.
- Corpus Christi,
- en Arzúa, Branzá e Dodro, no mes de xuño (60 días despois do domingo de Pascua).
- en Figueiroa o 27 de xuño.
- en Viñós o 30 de xuño.
- en Santo Estevo do Campo o primeiro domingo de xullo.
- en Brandeso o 11 de agosto.
- en Santa María de Arzúa o 14 de agosto.
- en Tronceda o 16 de agosto.
- en Oíns o domingo seguinte á Santa María.
- Santo Antonio, en Vilantime e Branzá o domingo seguinte ao 13 de xuño.
- San Xoán, en Santa María de Arzúa e en Dodro o 24 de xuño.
- San Pedro, en Pantiñobre o sábado seguinte ao San Xoán, en Vilantime os días 29 e 30 de xuño e en Lema e Viñós o 29 de xuño.
- San Paio, en Pregontoño e Figueiroa o 26 de xuño.
- Santa Margarida en San Martiño de Calvos de Sobrecamiño o segundo domingo de xullo.
- Nosa Señora do Carme,
- en Viñós o do domingo seguinte ó 30 de xuño.
- en Arzúa os días 16, 17 e 18 de xullo.
- en Figueiroa o 1 de agosto.
- en Santa María de Arzúa o domingo seguinte ó 15 de agosto.
- en Pantiñobre o 27 de decembro.
- San Cristovo, en Dombodán os días 30 e 31 de xullo.
- Santa Marta, en Pantiñobre o primeiro sábado de agosto.
- San Lourenzo, en Brandeso o 10 de agosto.
- Santa María, en Santa María de Arzúa, Dodro, A Castañeda, Rendal, Tronceda e Viladavil o 15 de agosto e en Maroxo os días 15 de 16 de agosto.
- Festa do San Queremos, en Vilantime, o penúltimo sábado de agosto.
- Festa da Mota na ermida da Mota en Santo Estevo do Campo. As festas da ermida son 24 de agosto (Mota Pequena), o 21 de setembro (Mota Grande) e o 28 de outubro, dedicados a San Bartolomeu, San Mateo e San Simón respectivamente.
- San Salvador, en Santa María de Arzúa o segundo domingo posterior á Santa María.
- Romaría de Nosa Señora, no Viso o primeiro domingo de setembro.
- Virxe da Saleta, en Boente o terceiro sábado e domingo de setembro.
- San Cosme, en Oíns os días 24, 25 e 26 de setembro.
- Santo Cristo, en Branzá o último domingo de setembro.
- San Miguel, en Rendal o 29 de setembro.
- O Rosario, en Lema o primeiro domingo de outubro.
- Romaría de San Froilán, en Rendal o 5 de outubro.
- Romaría da Fonte Santa, en Lema o segundo domingo de outubro.
- San Martiño, en Calvos de Sobrecamiño os días 11, 12 e 13 de novembro.
- Santa Leocadia, en Branzá o 9 de decembro.
- Santo Estevo, en Santo Estevo do Campo e Pantiñobre o 26 de decembro.
GastronomíaEditar
Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa-Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a festa do queixo.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Arzúa.
ParroquiasEditar
Lugares de ArzúaEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arzúa vexa: Lugares de Arzúa.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Arzúa".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións municipais de 2019
- ↑ El PSdeG se abstiene en la investidura de José Luis García en Arzúa, pero negocia pactar
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 41. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Porén aparece escrito Arzua nun documento de 1245, segundo o Inventario Toponímico da Galicia Medieval
- ↑ Arzúa non foi Araduca, no blog A Nosa Historia (3-6-2009).
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. Arzúa.
- ↑ "Programación Cultural - Concello de Arzúa". arzua.gal. 2020-08-05. Consultado o 2022-05-09.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arzúa |
BibliografíaEditar
- Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Real Academia Galega. ISBN 978-84-17807-09-2. doi:10.32766/rag.377.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |