Branzá, Arzúa
parroquia civil do concello de Arzúa
Santa Locaia de Branzá[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 140 habitantes (68 homes e 72 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 194 habitantes.
Branzá | |
---|---|
Igrexa de Santa Locaia de Branzá. | |
Concello | Arzúa[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′25″N 8°12′50″O / 42.8735, -8.214 |
Poboación | 140 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editar- Igrexa parroquial de Santa Locaia de Branzá. Edificada no século XVIII. Ten un retablo de estilo neoclásico (A Igrexa).
- Reitoral (A Igrexa), en estado ruinoso.
- Capela da Santa Cruz (Baiobre), construída en 1906 pola familia Salgado.
- Capela da Casa Grande de Baiobre -propiedade da Familia Salgado- (Baiobre), en estado ruinoso.
- Capela da Virxe das Dores (Loureiros), na Casa Grande de Loureiros.
- Capela de San Xosé (Branzá), en estado ruinoso. Foi construída polos señores de Mera.
- Castro de Couto Cornado (Baiobre), sen escavar.
- Castro de Branzá, sen escavar.
Lugares e parroquias
editarLugares de Branzá
editarLugares da parroquia de Branzá no concello coruñés de Arzúa | |
---|---|
Baiobre | Bar | Branzá | Branzaílla | Carral | Os Catro Ventos | Cornado | O Coto | Follenza | A Igrexa | Loureiros | O Piñeiro | Retorno |
Parroquias de Arzúa
editar