Festa do queixo de Arzúa

festa gastronómica celebrada en Arzúa

A festa do queixo de Arzúa é unha festa gastronómica celebrada no concello coruñés de Arzúa, desde 1975. Está declarada Festa de interese turístico de Galicia.

Festa do queixo de Arzúa

Tipofesta gastronómica Editar o valor en Wikidata
Data
Comezo1975 Editar o valor en Wikidata
Características
Conmemoraqueixo de Arzúa-Ulloa e queixo Editar o valor en Wikidata
Patrimonio Cultural
Festas de Interese Turístico de Galicia
Localización
Situado enArzúa Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Varios queixos expostos.

A festa celébrase sempre a primeira fin de semana de marzo. Esta festividade combina feira, festa e festival, tendo o queixo de Arzúa-Ulloa como o seu principal atractivo. As principais actuacións lévanse a cabo no recinto feiral Terra do Queixo.

Festival

editar

O festival caracterízase por contar o sábado con grupos de estilo rock, electro-rock, pop-rock, fusión, funk, mestizaxe ou hip hop. O domingo é quenda para os artistas galegos.

Algunhas das bandas que pasaron por Arzúa son Chema Rey, Delinqüentes con Tomasito, Dover, Fangoria, La Excepción, La Mala Rodríguez, Los Enemigos, Los Secretos, Marlango, Muchachito Bombo Infierno, Ojos de Brujo, Orishas, Rinôçérôse, Second, Ska-P, The Sunday Drivers, Tote King, Triángulo de Amor Bizarro, Vetusta Morla ou Violadores del Verso. Dos grupos galegos cabe destacar: Anxo Lorenzo, Carlos Núñez, Dios ke te crew, Heredeiros da Crus, Lamatumbá, Leilía, Malvela, Milladoiro, Mutenrohi, Pepe Vaamonde Grupo, Riobó, Sés, Susana Seivane, Treixadura, Uxía ou Xochilmica.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.