Abrir o menú principal

Frades

concello da comarca de Ordes, na provincia da Coruña

Coordenadas: 43°2′24″N 8°16′38″O / 43.04000, -8.27722

Frades
Escudo de Frades
Ponte Carreira, Gafoi, Frades.jpg
Situacion Frades.PNG
Situación
Xentilicio[1]fradense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación2.385 hab. (2018)
Área81,7 km²
Densidade29,19 hab./km²
Entidades de poboación12 parroquias
Capital do concelloCimadevila
Política (2019[2])
AlcaldeRoberto Rey Martínez (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 3
Eleccións municipais en Frades
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes87,86%
Na rede
concellodefrades.es
alcaldia@frades.dicoruna.es

Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

DemografíaEditar

Segundo o INE en 2014 tiña 2485 habitantes (2706 no 2009, 2841 no 2006, 2871 no 2005, 2920 no 2004, 2975 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fradense».

Censo total 2014 2485 habitantes
Menores de 15 anos 176 (7,08 %)
Entre 15 e 64 anos 1566 (63,02 %)
Maiores de 65 anos 743 (29,9 %)
 
Evolución da poboación de Frades   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3328 3766 4624 3655 2920 2566 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

XeografíaEditar

O concello ten 81,7 km², e abrangue 12 parroquias e 138 entidades de poboación. Limita ao norte con Mesía, ao sur con Arzúa, O Pino e Oroso, ao leste con Boimorto e ao oeste con Ordes. A capital está en San Amaro, e o maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, na parroquia de Gafoi, á beira do río Tambre. Está a 33 km de Santiago de Compostela, sendo lugar de paso entre a capital galega e Sobrado dos Monxes.

Ten un relevo suave con altitudes entre os 441 m cara ao norte, e os 280 ao sueste, cara ao río Tambre. O río Samo, afluente do anterior, fai de fronteira con Ordes. Outros cursos menores son o Maruzo, o Gaiteiro, o Mostás e o Pío. Ten clima oceánico, con máis de 1400 mm de precipitacións anuais e unha temperatura media de 12 ºC.

HistoriaEditar

No antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira.

PatrimonioEditar

Patrimonio civilEditar

O pazo de San Martiño de Galegos é renacentista, do século XVII. Nel hospedáronse o 15 de abril de 1690 Mariana de Neoburgo e mailo seu irmán. Tras chegaren en barco desde Flandres a Mugardos, pasaron pola Coruña e Compostela para seguir en dirección á corte de Madrid. En agradecemento pola pousada, o rei Carlos II de España (esposo de Mariana) concedeu aos propietarios do pazo o dereito de ser pechado con cadea. No lintel hai unha inscrición ao respecto, co seguinte texto: En 15 de Abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Ntra. Sra. D.ª Mariana de Neoburgo, mujer del rey Ntro. Sr. D. Carlos 2º, viniendo de la Coruña en Romería a Ntro. Santo Apóstol Santiago. Siendo dueños de esta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.ª Baltasara Antonia de Luna Lovera y Valladares. Ad Majorem Dei Gloriam.
Actualmente o pazo pertence a unha orde relixiosa, á que lle foi doado. Conserva os escudos dos Mosquera Pimentel e dos Enríquez Novoa e a antiga capela cunha torre pequena máis moderna.

O pazo do Peñasco está na parroquia de Abellá. Foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde, pero foi reconstruído recentemente. Ten un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escaques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo.

Outras casas grandes son a casa do Fogueteiro (Aiazo), casa de Botana (Cimadevila) e a casa do Cruceiro (Añá).

O museo etnográfico de Frades reúne útiles e ferramentas tradicionais do campo e do fogar.

Patrimonio relixiosoEditar

Na igrexa de Céltigos apareceu unha pedra cunha inscrición do ano 969, facendo referencia á fundación dunha basílica e da casa de San Xulián. A pedra servía de perpiaño no arco de entrada ao presbiterio.

A igrexa de Papucín conserva a estrutura románica, pero foi reconstruída. No testeiro da ábsida ten un pequeno escudo incrustado. Está situada preto do casal de Quintá de Arriba.

A igrexa de Gafoi conserva unha porta románica, con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior xadrezada. No chan do adro hai unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval.

A ermida de San Nicolás está no alto do monte do mesmo nome. En Moar está a ermida de San Roque, rodeada dunha fraga. En San Amaro está a ermida da Madalena, con dúas pedras con inscricións sobre a porta relativas á súa construción en 1668.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Frades.

ParroquiasEditar

Lugares de FradesEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Frades.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 

Véxase taménEditar