Día das Letras Galegas

día de exaltación da lingua galega a través da literatura instituído pola Real Academia Galega

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Celebración no Teatro Principal de Pontevedra, 17/5/2018.

Ata 2023, ano dedicado a Francisco Fernández del Riego, 63 autores (5 mulleres e 58 homes) foron homenaxeados nas 61 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á ría de Vigo).

Historia editar

 
Manifestación na defensa da lingua o Día das Letras de 2018, en Compostela.

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego) presentaron nesta institución a proposta de celebrar o 17 de maio para recoller o "latexo material da actividade intelectual galega". Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento. Realmente, descoñécese a data real de publicación do libro, pero tomouse ese día pola dedicatoria autógrafa de Rosalía de Castro á tamén escritora Cecilia Böhl de Faber (Fernán Caballero).[1]

Para conmemorar o primeiro Día das letras galegas (DLG) publicouse unha edición crítica de Cantares gallegos, feita por Fermín Bouza-Brey. A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida non só a nivel literario senón tamén nos ambientes populares. Dende aquela dedícaselle o día de cada ano a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez anos dende a data de falecemento da persoa homenaxeada.

Oficialmente, trátase dun día de carácter festivo en toda Galicia desde 1991.[2][3]

En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de historia o pleno de celebración do Día das Letras non decorrería o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carballo Calero.[4] Finalmente, as restricións sanitarias fixeron que o acto se tivese que adiar de novo, até o 12 de decembro[5].

Galería de imaxes editar

Homenaxeados editar

 
1963: Rosalía de Castro
 
1964: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
 
1965: Eduardo Pondal
 
1966: Francisco Añón
 
1967: Manuel Curros Enríquez
 
1968: Florentino López Cuevillas
 
1969: Antonio Noriega Varela
 
1970: Marcial Valladares
 
1971: Gonzalo López Abente
 
1972: Valentín Lamas Carvajal
 
1973: Manuel Lago González
 
1974: Xoán Vicente Viqueira
 
1975: Xoán Manuel Pintos
 
1976: Ramón Cabanillas
 
1977: Antón Villar Ponte
 
1978: Antonio López Ferreiro
 
1979: Manuel Antonio
 
1980: Afonso X o Sabio
 
1981: Vicente Risco
 
1982: Luís Amado Carballo
 
1983: Manuel Leiras Pulpeiro
 
1984: Armando Cotarelo Valledor
 
1985: Antón Losada Diéguez
 
1986: Aquilino Iglesia Alvariño
 
1987: Francisca Herrera Garrido
 
1988: Ramón Otero Pedrayo
 
1989: Celso Emilio Ferreiro
 
1990: Luís Pimentel
 
1991: Álvaro Cunqueiro
 
1992: Fermín Bouza-Brey
 
1993: Eduardo Blanco Amor
 
1994: Luís Seoane
1994: Luís Seoane 
 
1995: Rafael Dieste
 
1996: Xesús Ferro Couselo
 
1997: Ánxel Fole
1997: Ánxel Fole 
 
1998: Martín Codax / Johan de Cangas / Mendinho (pergamiño Vindel)
 
1999: Roberto Blanco Torres
 
2000: Manuel Murguía
 
2001: Eladio Rodríguez González
 
2002: Martín Sarmiento
 
2003: Antón Avilés de Taramancos
 
2004: Xaquín Lorenzo
 
2005: Lorenzo Varela
 
2006: Manuel Lugrís Freire
 
2007: María Mariño
 
2008: Xosé María Álvarez Blázquez
 
2009: Ramón Piñeiro
 
2010: Uxío Novoneyra
 
2011: Lois Pereiro
2011: Lois Pereiro 
 
2012: Valentín Paz-Andrade
 
2013: Roberto Vidal Bolaño
 
2014: Xosé María Díaz Castro
 
2015: Xosé Filgueira Valverde
 
2016: Manuel María
 
2017: Carlos Casares
 
2018: María Victoria Moreno
 
2019: Antón Fraguas
 
2020: Ricardo Carballo Calero
 
2021: Xela Arias
2021: Xela Arias 
 
2022: Florencio Delgado
 
2023: Francisco Fernández del Riego
 
2024: Luísa Villalta

Notas editar

  1. Fernández del Riego, Francisco (1995). "Prologo". De Rosalía a Dieste 33 anos das letras. Xerais. ISBN 84-7507-878-8. 
  2. F. Freixanes, Víctor (13/5/2006). "O Día das Letras (¿festivo?)". La Voz de Galicia. 
  3. "Día das Letras Galegas". Galicia Hoxe. 16/5/2007. Arquivado dende o orixinal o 01/02/2018. Consultado o 31/01/2018. 
  4. "A Real Academia Galega traslada o pleno do Día das Letras Galegas ao 31 de outubro". Real Academia Galega. 8/4/2020. 
  5. "A RAG celebra a Carvalho Calero como referente do". Real Academia Galega. Consultado o 2021-10-29. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar