Ánxel Casal
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Ánxel Casal Gosenxe[1], nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado[2] en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.
Ánxel Casal | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de decembro de 1895 |
A Coruña | |
Falecemento | 19 de agosto de 1936 |
Cacheiras | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Cónxuxe | María Miramontes |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
En 1909 emigrou a Bos Aires; alí estivo empregado en diversos oficios dous anos. Volveu á Coruña e atopou traballo no consulado de Francia. Debido á precariedade económica emigrou outra volta, desta vez a Bordeos, pero regresou aos poucos meses. De 1914 a 1917 cumpriu o servizo militar, do que sempre gardaría malas lembranzas. Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi o promotor e primeiro mestre da Escola do ensino galego (galeguista e laica) 1926-1931 das Irmandades, a primeira que utilizou o galego.
En 1920 casou con María Miramontes e para sobreviviren abriron unha tenda de tecidos. En novembro de 1924, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar. Desvencellouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós. Da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. En 1930 funda o xornal republicano El Momento que, por falla de apoio, só durará 14 números e arrastra a Nós case a quebra. O 18 de maio de 1930 fundou con Fernando Osorio Docampo e Carlos Monasterio Valeiro o semanario republicano Adelante, que se mantivo até mediados de 1931.
En agosto de 1931 trasladouse para tratar de remontar a empresa a Santiago. A súa actividade como libreiro e impresor é fundamental para explicar o desenvolvemento do galeguismo entre os mozos composteláns. Coa súa imprenta traballando para os sindicatos e a esquerda republicana, gañouse o respecto dos diversos grupos que en 1935 construirán a Fronte Popular. Aló continuou a imprimir e colaborar en diversas iniciativas republicanas, galeguistas e sindicalistas. Foi o editor e impresor das revistas vangardistas Claridad (1934) e Ser (1935)
Militante desde a súa creación do Partido Galeguista e pertencente á masonería, foi alcalde de Santiago elixido por maioría entre os membros da Comisión xestora desde febreiro de 1936 até o 9 de xullo en que con todos os concelleiros galeguistas dimitirá dos seu cargos. Vicepresidente da deputación Coruñesa e do Comité executivo para o Estatuto de Autonomía, desenvolverá unha frenética actividade para conseguir a súa aprobación. Como alcalde impulsará tamén a iniciativa de Álvaro de las Casas para constituír a Asociación de Escritores de Galicia. O 16 de xullo entrega nas cortes o texto estatutario aprobado o 28 de xuño.
Tras o golpe de estadoEditar
Ao coñecer as novas golpistas, regresa a Compostela para tratar de impedir o éxito do golpe de estado. Reincorporado o 19, faise cargo da Alcaldía, tratando de organizar a resistencia. Tras o triunfo da sublevación militar do 18 de xullo escapou para a parroquia de Vilantime en Arzúa. Foi detido o 4 de agosto, e paseado o 19 de agosto, o seu corpo apareceu xunto ao de José Areosa Devesa nun foxo da estrada de Cacheiras, marcado hoxe cun pequeno monumento.
Recoñecemento póstumoEditar
Ánxel Casal está presente na novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro como personaxe secundario sendo un máis dos prisioneiros do cárcere compostelán. Ademais, foi proposto no ano 2006 como candidato ó Día das Letras Galegas coincidindo co Ano da Memoria Histórica, aínda que finalmente foi escollido Manuel Lugrís Freire.
En marzo de 2008 foi bautizada co seu nome a Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, acabada de construír.[3]
Predecesor: Francisco Vázquez Enríquez |
Alcalde de Santiago 1936 |
Sucesor: Manuel García Diéguez |
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.
- ↑ Ficha no proxecto Nomes e Voces.
- ↑ Portal da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ánxel Casal |
BibliografíaEditar
- "Casal Gosenxe, Ánxel". Diccionario enciclopédico galego universal 13. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 122-123. ISBN 84-7680-429-6.
- "Casal Gosenxe, Ánxel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 199.
- "Casal Gosenxe, Ánxel". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 450.
- "Casal Gosenxe, Ánxel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Casal Gosenxe, Ánxel". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo, R. (1975) [1963]. "Casal Gosenje, Ángel". Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. pp. 571, 621, 635. ISBN 84-7154-227-7.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. pp. 208, 237. ISBN 84-95350-79-3.
- Dobarro Paz e Vázquez Souza (2003). Ánxel Casal (1895-1936). Textos e Documentos. Ediciós do Castro.
- Mato, Alfonso (coord.) (2007). Ánxel Casal, un editor para un país Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-96530-47-8.
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Iglesias, Xabier: Os libros de Ánxel Casal
- Lombao, David: "Ánxel Casal: 80 anos do día en que o editor do galeguismo foi alcalde", Praza Pública, 23/2/2016.
- Lombao, David: "Unha ducia de medidas do alcalde Ánxel Casal", en Praza Pública.
- Ánxel Casal, o primeiro editor moderno de Galicia, no 80 aniversario do seu asasinato., AGE, 18/8/2016.