Rosa Casás Rama
Rosa Casás Rama, nada en Cerceda en 1913 e finada na Coruña en 2005, foi unha cantareira galega.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Cerceda, España ![]() |
Morte | 2005 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | cantante ![]() |
Familia | |
Parentes | Adolfina Casás Rama, tía ![]() |
Traxectoria
editarEra filla de solteira. Emigrou a Nottingham (Reino Unido). Na década dos oitenta regresou a Galicia. Tamén traballou en labores agrarios, durante os cales cantaba. Xunto coa súa tía Adolfina Casás Rama, destacou polo seu enxeño e polos moitos estilos empregados. Dorothé Schubarth e Antón Santamarina recolleron moitas das cantigas que elas cantaban no Cancioneiro Popular Galego. Schubarth valorou "a súa variedade de melodías, a orixinalidade das coplas e a capacidade de improvisación".[1]
Foi proposta, canda a súa tía e Florencio López Fernández, como figura homenaxeada para as Letras Galegas do ano 2024.[1] Finalmente, foi escollida, xunto con súa tía Adolfina, Eva Castiñeira, Teresa García, Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada en 2025.[2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Luísa Villalta e o cancioneiro popular, favoritos para a homenaxe do Día das Letras 2024". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-29. Consultado o 2024-06-06.
- ↑ As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025