Cerceda

concello da comarca de Ordes, na provincia da Coruña

Coordenadas: 43°11′19″N 08°28′13″O / 43.18861, -8.47028

Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.

Cerceda
Escudo de Cerceda
P1120447 Cerceda casa concello.JPG
Casa do concello.
Situacion Cerceda.PNG
Situación
Xentilicio[1]cercedense
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Ordes
Poboación5.019 hab. (2022)[2][3]
Área110,9 km²[3]
Densidade45,26 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias[4]
Capital do concelloCerceda
Política (2019[5])
AlcaldeJuan Manuel Rodríguez García (PSdeG-PSOE[6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Cerceda
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes83,19%
Na rede
www.cerceda.org
editar datos en Wikidata ]

DemografíaEditar

Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cercedense».

Censo total 2014 5.156 habitantes
Menores de 15 anos 520 (10.08 %)
Entre 15 e 64 anos 3.101 (60.14 %)
Maiores de 65 anos 1.535 (29.77 %)
Evolución da poboación de Cerceda   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4.803 5.949 7.418 7.201 5.499 5.486 5.392 5.318 5.265 5.156 5.076 5.031 4.992 5.023 5.001 5.008 4.996
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

PatrimonioEditar

Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.

Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.

Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.

EconomíaEditar

Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.[8]

Recursos de ocioEditar

Cerceda conta cun parque acuático municipal que está aberto na época estival.

Tamén ten 3 rutas homologadas de sendeirismo:

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Cerceda.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerceda

Cerceda (San Martiño) | As Encrobas (San Román) | Meirama (Santo André) | Queixas (Santa María) | Rodís (San Martiño) | Xesteda (Santa Comba)

Lugares de CercedaEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda.

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Cerceda".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. [1]
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. "Aquapark de Cerceda". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.