Ordes
Ordes é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o INE en 2022 tiña 12.589 habitantes (12.632 no 2018, 12.868 no 2010, 12.272 no 2005, 11.942 en 2000). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ordense».
Ordes | |
---|---|
![]() Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | ordense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Ordes |
Poboación | 12.589 hab. (2022)[2][3] |
Área | 157,3 km²[3] |
Densidade | 80,03 hab./km² |
Entidades de poboación | 13 parroquias[4] |
Capital do concello | Ordes |
Política (2023[5]) | |
Alcalde | José Luis Martínez Sanjurjo (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 6 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 2 |
Eleccións municipais en Ordes | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 76,25% |
Na rede | |
concellodeordes.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía editar
Situación editar
Ordes atópase nunha chaira a medio camiño entre Santiago de Compostela e A Coruña.
Comunicacións editar
Está atravesado pola N-550, a AP-9 e polo ferrocarril entre A Coruña e Santiago de Compostela.
Orografía editar
A altura sobre o nivel do mar oscila entre os 461 m nos montes do sur e os 450 m no norte.
Hidrografía editar
Ordes atópase case na súa totalidade na cunca hidrográfica do río Tambre. O máis importante é o río Lengüelle, que baixa polo oeste marcando o límite co concello de Tordoia. A excepción os regatos do norte da parroquia de Ardemil, que se orientan de cara ao val de Barcia e desembocan no río Barcés.
Xeoloxía editar
O terreo está formado por unha unidade xeolóxica de xistos denominada xistos de Ordes.
Clima editar
As precipitacións son abondosas e superan os 1.500 mm anuais. A temperatura media é de 13 °C, se ben xea todo o ano excepto no verán.
Demografía editar
O concello ocupa 157 km² e un terzo da poboación reside na capital, Ordes.
Historia editar
Da época castrexa destacan o castro de Ceidón e o castro de Gosende nas proximidades do núcleo urbano, posuíndo todo o concello unha alta cantidade deste tipo de sitios arqueolóxicos.
Durante a Idade Media fixo parte do condado de Trastámara, e posteriormente dividiuse entre a xurisdición de Folgoso, do conde de Altamira, o couto de Faramilláns e as xurisdicións de Gorgullos e Montaos. Montaos foi doado por Afonso VII á catedral de Santiago de Compostela en 1124.
En 1544 Filipe II, de camiño a Compostela, fixo noite na Calle, na parroquia de Poulo, feito do que deixa constancia unha inscrición no lintel da porta.
O xeneral Juan Díaz Porlier tamén pasou a noite en Ordes, onde foi feito prisioneiro. Durante a guerra civil de 1833 producíronse enfrontamentos entre liberais e absolutistas e en 1846 pasou Miguel Solís coas tropas do Exército Libertador de Galicia.
Entre 1878 e 1880 editouse en Ordes o semanario El Fomento.
Poboación editar
Censo total 2018 | 12.632 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.807 (14.30 %) |
Entre 15 e 64 anos | 7.848 (62.13 %) |
Maiores de 65 anos | 2.977 (23.57 %) |

Evolución da poboación de Ordes Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
7.260 | 8.205 | 10.450 | 11.076 | 12.287 | 12.868 | 12.948 | 12.963 | 12.939 | 12.844 | 12.776 | 12.669 | 12.580 | 12.632 | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Economía editar
Durante a década de 1960 produciuse unha emigración cara ás cidades máis próximas e cara a Europa, que freou na década de 1970. Na actualidade, un cuarto da poboación adícase ao sector primario (especialmente gando bovino para o sector lácteo).
No que se refire ó sector secundario ou industrial, destaca o sector téxtil e a construción. Segundo a web do Concello de Ordes, en 2011 había rexistradas 21 empresas adicadas á produción téxtil.
O sector terciario concéntrase na capital do concello e destacan empresas de comercio polo miúdo que dan servizo non só a Ordes senón tamén ós concellos da mancomunidade de Ordes, cun sector comercial máis reducido.
Mancomunidade de Ordes editar
Ordes é a capital da mancomunidade de Ordes, composta tamén polos concellos de Trazo, Tordoia, Cerceda, Mesía, Frades e Oroso, cun total de 39.004 habitantes.
Espazos naturais editar
A Zona especial de conservación (ZEC) do Río Tambre atravesa parte do suroeste do concello. O treito ordense acolle as augas e ribeiras do río Lengüelle desde o encoro de Vilagudín así como o río Cabrón e regos que tributan neste. Este espazo é de interese pola súa protección a estepas de gramíneas e os bosques de ribeira.[8]
Cultura editar
Patrimonio editar
Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos editar
Escolas editar
Museos, bibliotecas e centros sociais editar
- Museo do traxe "Juanjo Liñares", exposición de traxes doados polo bailarín ordense Juanjo Liñares. Os traxes tradicionais da danza española e doutras múltiples rexións do mundo.[9]
Etnografía editar
Feiras editar
- Feira semanal (ten lugar tódolos mércores) que ten lugar a entre a rúa do Muíño e a rúa da Feira, zona máis coñecida como o Campo da Feira.
- Feira Multisectorial Expofegasa. Están representados distintos sectores (téxtil, agrícola queixo). Ten carácter anual e sempre coincide coa Festa do Champiñón.
- Feira de Cans no Mesón do Vento. É unha feira de carácter anual de cans de caza.
Festas gastronómicas editar
- Festa do champiñón. Ten lugar en Ordes, xeralmente a última fin de semana de abril. Vense celebrando dende 1989 e coincide no tempo coa Feira Multisectorial Expofegasa.
- Festa do lacón. Ten lugar no Mesón do Vento.
Festivais de música editar
- En Ordes, Festival Brincadeira. As primeiras edicións do Festival Brincadeira celebráronse no Concello de Ordes pero a partir do ano 2012 pasou a celebrarse noutros concellos.
- Na parroquia de Poulo, festival Meigas fóra.
- Na parroquia de Santa Cruz de Montaos, festival Revoltosa Rock.
- En Ordes, festival de Jazz, organizado pola escola de música.
Festivais de arte urbana editar
- Desordes creativas na vila de Ordes
Festivais de curtametraxes editar
- Festival Cinestable en Ordes. Foi dos únicos festivais a nivel estatal de curtametraxes con licenza Creative Commons.
Agrupacións folclóricas editar
- Sementes da arte
- A.C.Camiño Real, na parroquia de Poulo.
- Os Viqueiras de Ordes.
Asociacións culturais editar
- Asociación de usuarios de Linux "Inestable", asociación de software libre.
- Tarandeira: asociación cultural e de tempo libre, especialmente de sendeirismo.
Banda de música editar
Grupos musicais editar
- Dios ke te crew
- Kastomä
- O chícharo psicótico
- A Cona Ye-Ye
- Axóuxere, grupo folk.
- Superoito
- Ritmo Galego
Grupos de teatro editar
Deportes editar
En Ordes, de forma federada pódense practicar diversos deportes como o fútbol, fútbol sala, hóckey a patíns, tenis de mesa ou pádel. A pesar de non haber ningún club de tríatlon, é salientable que o triatleta ordense Iván Raña chegou a ser campión do mundo. Foi o primeiro triatleta galego en conseguir un campionato do mundo da especialidade, o primeiro en vencer nunha proba da Copa do Mundo e en participar nuns Xogos Olímpicos.
Clubs de fútbol editar
- Sociedad Deportiva Club Órdenes
- Mesón do Bento Club de Fútbol
- AD Vila de Ordes
- SD Montaos da parroquia de Santa Cruz de Montaos
- Jogafan F.S.
Clubs de Hóckey a patíns editar
- Club Patín Ordes, é o club máis laureado do concello, con numerosos títulos en categorías masculina e feminina.
Clubs de Pádel editar
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ordes.
-
Placa altimétrica do concello.
-
In Memoriam, escultura en homenaxe ás vítimas do atentado do 11 de marzo de 2004 en Madrid, situada na praza da Constitución de Ordes.
-
Detalle
-
Graffiti en Ordes
-
Vídeo cruzando en Ordes pola N-550.
-
Vídeo cruzando o Mesón do Vento pola N-550.
-
Alameda ó lado da casa do concello.
Parroquias editar
Lugares de Ordes editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ordes vexa: Lugares de Ordes.
Notas editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Ordes".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ Concello de Ordes na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "Río Tambre, Código do ZEC ES1110016. Conselleraría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia". Consultado o 24/11/2019.
- ↑ "Museo do traxe "Juanjo Linares"". www.turismo.gal. Consultado o 24/11/2019.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ordes |