Afonso VII

Rei de Galiza, León, Castela e Toledo

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e finado en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII
Alfonso VII of Castile, 13th c.jpg
Rei de Galiza, León, Castela e Toledo.
17 de setembro de 1111 - 21 de agosto de 1157

Coroación1111 en Compostela, 1135 en León.
Nacemento1 de marzo de 1105
Caldas de Reis
Falecemento21 de agosto de 1157
Serra Morena
Cónxuxe/sBerenguela de Barcelona
Riquilda de Polonia
DescendenciaVer Matrimonio e Descendencia
ProxenitoresRaimundo de Borgoña
Urraca I

Na rede
WikiTree: Castilla-99 Find a Grave: 88303926 Editar o valor em Wikidata

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Rei de Galiza, León e CastelaEditar

Foi proclamado rei en 1109 polo seu aio, Pedro Froilaz, Conde de Traba; dous anos máis tarde, o 17 de setembro de 1111, o Bispo Diego Xelmírez consagrouno como monarca na catedral compostelá. En realidade, a cerimonia tivo máis de formal que de efectivo; con ela, Pedro Froilaz procuraba que, no caso de que a súa nai, Urraca -casada con Afonso de Aragón- viñese ter un fillo deste, non se visen afectados os dereitos do futuro Afonso VII ao trono e, en todo caso, puidese preservar sempre a herdanza do seu pai, Raimundo de Borgoña. Aínda que algúns historiadores indican que, no acto compostelán, foi proclamado "rei de Galiza", o certo é que as crónicas falan de que o bispo o consagrou apenas como "rei", entendendo, deste xeito, que era o lexítimo herdeiro do seu avó, Afonso VI. O arcebispo Xelmírez, canda Pedro Froilaz e outros nobres galegos dirixíronse a confirmar en León a cerimonia de entronización, mais en Viandangos saíulles ó paso Afonso de Aragón, que presentou batalla, frustrando os plans de Xelmírez.

O 10 de marzo de 1126, á morte da súa nai, foi coroado rei de León e de inmediato emprendeu a recuperación do reino de Castela, que estaba baixo o dominio de Afonso I de Aragón. Coas Paces de Támara de 1127, púxose fin á disputa entre os dous monarcas e Afonso VII foi recoñecido como rei de Castela.

A pesar deste recoñecemento, Afonso tívose que enfrontar ás diversas rebelións suscitadas nos territorios máis próximos a Aragón, debido á longa autonomía que estas rexións atinxiran desde a morte do seu avó, o rei Afonso VI de Castela.

Aspiracións territoriaisEditar

Após a morte, sen descendencia, do rei navarro-aragonés Afonso I en 1134, Afonso VII pretendeu ao trono, mais sen éxito xa que, finalmente, a sucesión recaeu no irmán de Afonso I, Ramiro II. A pesar disto, Afonso ocupou A Rioxa, conquistou Zaragoza e ditaminou de feito os gobernos de ambos os dous reinos en diante. Desde entón o escudo de Zaragoza figura no escudo de armas do Reino de León. En escaramuzas varias, derrotou o exército navarro-aragonés, sometendo este reino á súa vasalaxe. Apoiado por nobres ao norte dos Pireneos, controlou amplos territorios do sur da Francia, chegando até o río Ródano.

Axudou nas loitas do conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV contra os condados cataláns, conseguindo unificar a Marca Hispánica.

En 1135 foi corado imperador nos Reinos Hispánicos na catedral de León polo papa Gregorio VII, expresando así a súa pretensión de hexemonía peninsular e de exclusividade na reconquista. Porén, en 1123 tivo que recoñecer a seu curmán Afonso Henriques (Afonso I de Portugal) como rei de Portugal, así como o matrimonio de Ramón Berenguer IV con Petronila de Aragón, que uniu definitivamente Aragón cos condados cataláns, creando así a Coroa de Aragón. Con este último acordaría os límites da reconquista para cada un dos dous estados.

En 1137, Afonso Henriques adentrouse en terras de Afonso VII e ocupou Tui. A ocupación finalizou trala sinatura do Tratado de Tui.

 
Ilustración do Privilegium Imperatoris (1148), carta de doazón de terras ó abade Willelmus (no centro, con báculo). Á dereita, Afonso VII o emperador (cunha póla na man) e o conde Ponce Xiraldo de Cabreira, mordomo da Corte (con espada e escudo). Á esquerda, os fillos do emperador, Sancho e Fernando (este último tamén cunha póla na man), xa con título rexio (rex).

A entrega dunha póla como símbolo do ben transmitido, cerimonia practicada no reino franco e rara na Península Ibérica, púidose executar talvez en Galiza, achándose presente tamén no Tombo de Caaveiro (século XIII).[1]

ReconquistaEditar

Desde 1139 levou a cabo expedicións e ataques de saqueo incitando as sublevacións das poboacións almorábides. A invasión dos almohades a partir de 1146 obrigouno a fortificar a fronteira e a pactar co almorábide Ibn Ganiya para organizar a resistencia.

En 1144 chegou até Córdoba e en 1147 tomou Almería xunto co rei de Aragón e Navarra e o conde de Barcelona.

En 1157 os almohades recuperaron o control de Almería e Afonso morreu en canto regresaba a León.

Morte e soterramentoEditar

No ano 1127, cando se cumpría o vinte aniversario da morte do seu pai, Raimundo de Borgoña, Afonso fixo unha serie de doazóns á Catedral de Compostela que aparecen recollidas no Tombo A[2]; o cabido compostelán acordou recibir ao rei como cóengo e este expresou os seus desexos de ser enterrado na catedral[3]. Os desexos do rei para recibir o enterro en Compostela repítense en 1140 e 1143, e chegou incluso a dispoñer como serían os funerais[4], porén, malia as promesas e os preparativos, o lugar elixido para o seu enterro foi Toledo[5].

Os seus dous fillos repartiron o reino que, de novo, ficou dividido en dous, o Reino de Galiza-León a Fernando II e o Reino de Castela-Toledo a Sancho III.

Matrimonio e descendenciaEditar

En 1128 casou en Saldaña (Palencia) con Berenguela de Barcelona, filla do conde de Barcelona Ramón Berenguer III e, por tanto, irmá de Ramón Berenguer IV. Desta unión naceron:

En xullo de 1152 casou con Riquilda de Polonia, filla do rei Ladislau II de Polonia. Tiveron dous fillos:

Dos seus amoríos con Gontrada Pérez (o Guntroda Díaz) naceu:

Dous seus amoríos con Sancha Fernández naceu:

  • Estefanía de Castela (1150 - 1180), casada con Fernán Ruiz de Castro.

NotasEditar

  1. Pacheco Sampedro, Rogelio (1997). "El signum manuum en el cartulario del monasterio de San Juan de Caaveiro (s. IX-XIII)" (PDF). Signo: revista de historia de la cultura escrita (en castelán) (Universidade de Alcalá) (4): 27–37, en 32–33. ISSN 1134-1165. 
  2. Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela: Estudio y edición. (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios e investigación San Isidoro. pp. 244–245. Dota o seu aniversario co castelo de San Jorge na serra do Pindo. 
  3. Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela : estudio y edición (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios e Investigación San Isidoro. p. 246. Debido o seu acceso o cabildo, este prometelle o rei unha serie de privilexios na hora do seu pasamento 
  4. Lucas Álvarez, Manuel (1997). La documentación del Tumbo A de la catedral de Santiago de Compostela. Estudio y edición (PDF). ISBN= mkt0003324545. Centro de Estudios San Isidoro. pp. 261–263. 
  5. "Los enterramientos de los reyes de León y Castilla hasta Sancho IV. Continuidad dinástica y memoria regia". e-spania. Consultado o 07/02/2018. 

Véxase taménEditar

  Os reis e as raíñas da Galiza.
  Afonso VII. O tempo político do emperador galego.
(Nós Diario, 13.10.2022)

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • D. Afonso VII, Rei de Galiza, e o seu aio o Conde de Traba Antonio López Ferreiro, 1885, Reeditado en Noia, Editorial Toxosoutos, 2006 ISBN 0-8122-3452-9.
  • The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VII 1126-1157 Bernard F. Reilly, Philadelphia : University of Pennsylvania Press, [1998] ISBN 84-96673-01-4
Afonso VII
Nacemento: 1 de marzo 1105 Falecemento: 21 de agosto 1157


Títulos Reais
Precedido por
Urraca


Rei de Galiza
1111 – 1157
Sucedido  por
Fernando II
Rei de León
1126 – 1157
Rei de Castela
1127 – 1157
Sucedido  por
Sancho III
Rei de Toledo
1127 – 1157
Títulos Honoríficos
Precedido por
Novo título


Emperador
1117-1135
Sucedido  por
Outros títulos
Precedido por
Novo título


Emperador
1135-1157
Sucedido  por