Almería
Coordenadas: 36°50′0″N 2°28′3″O / 36.83333, -2.46750
Almería é unha cidade costeira do sur de España, capital da provincia de Almería, en Andalucía. É considerada así mesmo capital da comarca metropolitana de Almería e da comarca turística denominada Costa de Almería.
Almería | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ||||||||
| ||||||||
Localización | ||||||||
País | ![]() | |||||||
Comunidade Autónoma | ![]() | |||||||
Provincia | Almería | |||||||
Comarca | Comarca metropolitana de Almería | |||||||
Xeografía | ||||||||
Altitude | 23 msnm | |||||||
Superficie | 296.21 km² | |||||||
Demografía | ||||||||
Poboación | 198.533 hab. (2019) | |||||||
Densidade | 633,07 hab./km² | |||||||
Xentilicio | Almeriense Urcitano, -a | |||||||
Outros datos | ||||||||
Código postal | 04001 - 04009 | |||||||
Alcalde | Luis Rogelio Rodríguez-Comendador. (PP) | |||||||
aytoalmeria.es |
A cidade sitúase no extremo sueste da Península Ibérica e está rodeada ao oeste pola serra de Gádor, ao norte pola serra Alhamilla e o leste polo val e delta do río Andarax. Ao sur atópase o Mar Mediterráneo. Con 198.522 habitantes no ano 2019, Almería é unha cidade de crecente relevancia nos ámbitos económico, cultural e deportivo, e un importante nó de comunicacións grazas ao seu porto e aeroporto internacionais.
Historia Editar
Fundada no 955 por Abderramán III nunha localización dominada anteriormente por outras urbes coma a ibera Ucri ou a romana Portus Magnus, Almería desenvolveu un importante papel durante o Califato de Córdoba, chegando a ser o porto máis importante do al-Ándalus dos omeias. Alcanzou o seu máximo esplendor durante a taifa, no século XI, converténdose baixo o reinado de Almotacín nun emporio comercial e cultural. Tras a incorporación á Coroa de Castela no 1489, deciman a poboación os piratas, pragas e terremotos. A recuperación non será visible ata finais do século XIX, co rexurdir da minería e a exportación da uva de mesa, e de novo a partir dos anos 1960 do século XX, grazas á explosión da agricultura intensiva, ó turismo, a construción e o mármore.
No ano 2005 foi a sede dos XV Xogos Mediterráneos.
Patrimonio histórico Editar
Entre o seu patrimonio histórico-artístico, cabe destacar a alcazaba musulmá (séculos X a XV), a catedral-fortaleza (século XVI), o cargadoiro de mineral ou Cable Inglés (finais do século XIX), ou o Museo de Almería, inaugurado no 2006.
Símbolos populares Editar
Indalo Editar
O símbolo por excelencia de Almería e a súa provincia é o indalo, orixinalmente unha pintura rupestre neolítica descuberta na cova dos Letreros (no actual Parque Natural de Serra de María-Los Vélez) en 1868 que representa a un home cazando cun arco.
Nos anos 1940 do século XX, o Movimiento Indaliano idealizou o símbolo, querendo ver nel un home que sostiña o arco da vella. O seu nome foi dado en honor a San Indalecio e proviría en última instancia do ibero indal eccius, «mensaxeiro dos Deuses».
Trátase dun símbolo moi arraigado na sociedade almeriense e é frecuente velo por todos lados. Atopamos un, por exemplo, no escudo da Unión Deportiva Almería.[1]
O sol de Portocarrero Editar
Outro símbolo moi unido á cidade é o erroneamente chamado sol de Portocarrero, altorrelevo que presenta un radiante sol antropomorfo rodeado de grilandas e que aparece esculpido no testeiro da capela funeraria do bispo Diego Férnandez de Villalán, na catedral de Almería. Por unha confusión histórica, é relacionado tradicionalmente este símbolo con outro bispo da diocese almeriense, Juan del Castillo y Portocarrero, do que toma nome a pesar de ser o mandato deste moi posterior.[2] O escudo da Universidade de Almería, por exemplo, está baseado neste símbolo.[3]
Patróns Editar
A patroa da cidade é a Virxe do Mar, que celebra a súa festividade o sábado anterior ó último domingo do mes de agosto. A súa imaxe foi atopada na praia de Torregarcía, preto da capital, polo vixía da torre homónima, Andrés de Jaén, o 22 de decembro de 1502.[4] A lenda di que a imaxe, románica, puido formar parte dos restos dun barco naufragado o ser un mascarón de proa que os fieis vestiron como Virxe. Moi preto da torre construíuse a Ermida de Torregarcía en torno a cal se celebra unha romaría a segunda fin de semana de cada xaneiro.
O patrón da cidade e diocese de Almería é santo Indalecio, fundador da diocese da antiga Urci no século I e un dos Sete Homes Apostólicos, primeiros evanxelizadores da Península Ibérica por encomenda de San Paulo.[5] A súa festividade se celebra o 15 de maio.
Galería de Imaxes Editar
-
Sol de Portocarrero.
-
Escultura dun indalo na praza Marqués de Heredia.
-
O Cable Inglés
Outras Almerías no mundo Editar
Notas Editar
- ↑ http://www.udalmeriasad.com
- ↑ Ruiz García, Alfonso (2008.). Ciudad de Almería. Colección: Guías de Almería: Territorio, cultura y arte. Almería: Instituto de Estudios Almerienses. ISBN 978-84-8108-430-6.
- ↑ http://www.ual.es
- ↑ http://www.virgendelmar.com/principal.htm
- ↑ http://www.diocesisalmeria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=77&Itemid=66