Grilanda

elemento decorativo formado por ondas ou coroas de follas e flores

Unha grilanda[1] (pode vir do provenzal guirlanda e esta, ao mellor, do francés antigo garlande 'que adorna')[2][3] é unha coroa aberta por un extremo, fabricada con flores, pólas ou follas. Tamén se chama así a tira tecida de flores e pólas que forman un círculo.

Grilanda con flores de calendula para unha voda.

Cadea de margaridas

editar
 
Unha cadea de margaridas.

Unha grilanda creada da flor das margaridas chámase cadea de margaridas. Un xeito de crear unha cadea de margaridas é facendo un burato na base do talo, xeralmente coas unllas, ou facendo un nó sinxelo. O talo da flor seguinte pódese unir do burato e coa repetición deste proceso é posible construír cadeas e formar con eles pulseiras e colares.[4]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para grilanda.
  2. "Grilanda". Portal das Palabras. Consultado o 25 de decembro do 2015. 
  3. A palabra grilanda forma parte do noso léxico dende as mesmas orixes medievais; aparece na General Estoria, escrita no século XIV, entre os anos 1300 e 1330, onde se fala do deus Pan, quen «tragia ẽna cabeça hũa grilanda de pyno».
  4. "Flowerbud.com: The Flower Press". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2009. Consultado o 21 de febreiro de 2015.