Margarida
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Margarida (homónimos).
Margarida é o nome popular común a unha gran variedade de plantas e flores. En realidade é un termo controvertido. Podería aplicarse só a planta herbácea das compostas (Bellis perennis), de follas dentadas ou fendidas e flores en capítulo, cun botón central amarelo e a corola branca; pero non existe gran concordancia entre os autores en canto á utilización deste nome, que presenta moitas variantes. Hai mesmo quen designa como "margarida" calquera planta da familia das Compositae ou compostas.
É habitual que se consideren margaridas:
- Calquera planta do xénero Bellis, da familia das Compostas, entre as cales destacan:
- Bellis perennis, a margarida común ou europea.
- Bellis sylvestris.
- Bellis annua.
- As camomilas.
- A especie Leucanthemum vulgare ou Chrysanthemum leucanthemum.
- A especie Chrysanthemum frutescens.
- A especie Callistephus chinensis.
- A especie Tibouchina aspera.
- As especies de xerberas (xénero Gerbera spp.).
Outras especies
editarGalería de imaxes
editar- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de margaridas de Galicia