Xerbera

xénero de plantas
(Redirección desde «Gerbera»)
Xerberas (xénero Gerbera)

Probabelmente Gerbera x hybrida
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Filo: Tracheophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Mutisioideae
Tribo: Mutisieae
Xénero: Gerbera
L.
Especies

Véxase no texto.

Sinonimia

As xerberas [2] son especies do xénero Gerbera, plantas ornamentales da famila das Asteraceae. Comprende unha 150 especies descritas e destas, só 38 aceptadas.[3][4]

É común a súa venda nas florarías de Galiza e Europa en xeral coma ornamentais na elaboración de ramos, coroas, para celebracións como vodas ou enterros.

Descrición editar

As especies de Gerbera presentan un gran capítulo con flores rechamangueiras con corolas bi-labiadas (3+2) de cor amarela, laranxa, branca, rosa ou vermella. A morfoloxía das flores varía dependendo da súa posición relativa no capítulo.

Distribución xeográfica editar

O xénero distribúese por África (incluído Madagascar), e Asia central e tropical. Introducida en América do Sur e Australasia/Oceanía.

Taxonomía editar

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Opera Varia, 247, 1758.[1] A especie tipo é: Arnica gerbera L. = Gerbera linnaei Cass.

Etimoloxía

Bautizouse así en honra do naturalista alemán Traugott Gerber, un amigo de Carl von Linné.

 
Xerberas amarelas a boiar na auga.

Usos editar

Cultivo editar

Gerbera é moi popular e amplamente usado como planta de xardín ou flores de corte. Os cultivares domesticados son maiormente o resultado de cruzamentos entre Gerbera jamesonii e outra especie surafricana Gerbera viridifolia. De dita cruzamento obtívose Gerbera hybrida. Existen milleiros de cultivares que varían moito en forma, tamaño e cores: branco, amarelo, laranxa, vermello, rosa. O centro da flor é ás veces negro. Frecuentemente a mesma flor pode ter pétalos de varias cores.

Gerbera é comercialmente importante. É a 5ª flor de corte máis usada do mundo (despois da rosa, o caravel, o crisantemo, e o tulipán).

Outros usos editar

É tamén utilizado como organismo modelo en estudos de formación de flores.

Gerbera contén derivados da cumarina.

 
Imaxe da Gerbera jamesoni

Especies editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Xerbera". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  2. Nome vulgar en galego segundo o Diario Oficial de Galicia en Buscatermos da Universidade de Santiago de Compostela -https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#15664965
  3. Xerbera en PlantList
  4. Xerbera en Global Compositae[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hansen, Hans V. - Revisión taxonómica del género Gerbera (Compositae, Mutisieae) secciones Gerbera, Parva, Piloselloides (en África), e Lasiopus (Opera botanica. - No. 78; 1985) - ISBN 87-88702-04-9
  • Nesom, G.L. 2004. Respuesta de "The Gerbera complex (Asteraceae, Mutisieae): a dividir o no". Liliana Katinas. Sida 21:941-942.
  • Bremer K. 1994: Asteraceae: cladistica y clasificación. Timber Press: Portland, Oregon

Ligazóns externas editar

  • Gerbera.org - Website oficial da Asociación da Xerbera - establecida en Barberton, Suráfrica
  • Florist De Kwakel BV - Portal mundial da Gerbera con arredor de 350 variedades - Países Baixos