Pulseira
Unha pulseira[1] é un elemento decorativo, xeralmente de forma cilíndrica que se adoita poñer nos pulsos aínda que tamén hai modelos fabricados para os pés, as nocelleiras ou o pene.
Normalmente son de metais preciosos, como o ouro ou a prata, pero tamén as hai de moi diversos materiais: de fantasía, de madeira, de fío etc.
Historia e evolución
editarAntes utilizábanse pulseiras de ouro, o que representaba o gran poder económico dos seus donos. Co paso do tempo foron evolucionando e fabricáronse de distintas formas e con diferentes elementos. Antigamente, os celtas deseñaron un tipo de pulseiras, chamadas torques, de gran valor pola beleza dos deseños. Cando as pulseiras van unidas tamén se denominan escravas e cando son sólidas e con forma de cilindro máis amplo, reciben o nome de brazaletes.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pulseira.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pulseira |