Calendula
Caléndulas xénero Calendula | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor de caléndula en Galiza | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
As caléndulas (Calendula) son un xénero dun medio centenar de especies de herbas anuais ou perennes da familia das asteráceas, nativas da rexión mediterránea e Asia Menor. Reciben tamén os nomes de margaridas, maravalla e pampillos, dependendo da especie.
Son herbas de escasa altura, con follas espirais, simples, lixeiramente pubescentes, de entre 5 e 20 cm de longo. As flores son discoidais, desde amarelas a laranxa intenso. Algunhas especies, entre elas a Calendula officinalis están en flor case todo o ano; o seu nome científico provén das calendas, o nome dado polos latinos ao primeiro día do mes, por julgarse similar a frecuencia da súa floración.
Nalgunhas especies os pétalos florais e as follas brizas son comestíbeis, e úsanse para decorar ensaladas e outros pratos pola súa intensa cor. Empréganse tamén na medicina; tradicionalmente recomendábase un emplasto de talos e follas para irritacións, eccemas e feridas pequenas.
Especies
editar- Calendula arvensis (Vaill.) L. – caléndula silvestre, caléndula brava, pampillo, pampullo.
- Calendula denticulata Schousb. ex Willd.
- Calendula eckerleinii Ohle
- Calendula incana Willd.
- Calendula incana subsp. algarbiensis (Boiss.) Ohle
- Calendula incana subsp. maderensis (DC.) Ohle – Madeiran Marigold
- Calendula incana subsp. maritima (Guss.) Ohle – Sea Marigold
- Calendula incana subsp. microphylla (Lange) Ohle
- Calendula lanzae Maire
- Calendula maroccana (Ball) Ball
- Calendula maroccana subsp. maroccana
- Calendula maroccana subsp. murbeckii (Lanza) Ohle
- Calendula meuselii Ohle
- Calendula officinalis L. – maravalla
- Calendula palaestina Boiss.
- Calendula stellata Cav.
- Calendula suffruticosa Vahl pampillo de mar, pampullo de mar.
- Calendula suffruticosa subsp. balansae (Boiss. & Reut.) Ohle
- Calendula suffruticosa subsp. boissieri Lanza
- Calendula suffruticosa subsp. fulgida (Raf.) Guadagno
- Calendula suffruticosa subsp. lusitanica (Boiss.) Ohle pampillo de mar, pampullo de mar.
- Calendula suffruticosa subsp. monardii (Boiss. & Reut.) Ohle
- Calendula suffruticosa subsp. tlemcensis Ohle
- Calendula tripterocarpa Rupr.
Notas
editar- ↑ Flann C (ed). "Species of Calendula". Global Compositae Checklist. Consultado o 31 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calendula |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calendula |