Eccema

doenza cutánea

Un eccema[1] ou dermatite eccematosa é un conxunto de afeccións dermatolóxicas, caracterizadas por presentar lesións inflamatorias diversas tales como: eritema, vesículas, pápulas e exudación.

Eccema
Clasificación e recursos externos
Eccema
OMIM603165
MedlinePlus000853
eMedicinePed/2567
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tamén se usa ou se aplica este termo para dermatite causadas por contacto cunha substancia para a cal se sensibilizou o paciente (eccema de contacto).

Caracterízase por un tor avermellado da zona afectada seguida dun forte proído; pode espallarse doadamente a outras áreas do corpo. O eccema pódese clasificar, segundo as súas características, en:

  • Atópico: o eccema atópico pode presentar moitas variantes, pero en xeral caracterízase por placas de costras vermellas de pel inflamada con constante comechón.
  • Seborreica: a dermatite seborreica é unha doenza inflamatoria común da pel caracterizada por lesións escamosas xeralmente no coiro cabeludo (non confundir con caspa) e a cara.
  • De contacto: a dermatite de contacto é o nome que se lle dá a calquera inflamación da pel que se produce cando a superficie da pel entra en contacto cunha substancia que se orixina fóra do corpo.

O eccema xeralmente preséntase como reacción a algunha alerxia.

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eccema.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar