Dermatoloxía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
A dermatoloxía[1] é unha especialidade médica que se ocupa do diagnóstico e tratamento clínico e cirúrxico das doenzas que acomente ao maior órgano do corpo humano, a pel, a cal ocupa unha área duns 2 metros cadrados nun individuo adulto. A especialidade engloba tamén as doenzas que afectan aos anexos cutáneos, isto é, cabelos e unllas, así como tamén as mucosas (boca e xenitais). Outra denominación é a de dermatoveneroloxía, xa que a especialidade ten unha grande importancia no contexto das doenzas de transmisión sexual (venéreas).
A historia da dermatoloxía moderna comeza en Europa, entre os séculos XV e XVI, onde varios clínicos comezaron a se interesar polos problemas cutáneos. O primeiro libro de texto de dermatoloxía foi escrito en 1797, polo doutor Robert Willian. De feito, a Medicina comezou a salientar a cada vez máis a importancia da pel no organismo.
A dermatoloxía actúa en todos os procesos fisiopatolóxicos que envolven a pel: dende infeccións, até reaccións autoinmunes e inflamatorias, e tamén tumores.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dermatoloxía.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |