Abd al-Rahman III

Abd al-Rahman III[1] ou Abderramán III, nado en Córdoba en 889 e finado en 961, foi o oitavo emir de Córdoba e, despois, o primeiro califa de al-Ándalus (de 912 a 961). É considerado o maior e máis exitoso dos príncipes da dinastía Omeia na Península Ibérica.

Infotaula de personaAbd al-Rahman III

Dirham de Abderramán III.
Biografía
Nacemento18 de decembro de 890 Editar o valor em Wikidata
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Morte15 de outubro de 961 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Córdoba Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAlcázar Nuevo Editar o valor em Wikidata
Califa de Córdova (pt) Traducir
16 de xaneiro de 929 – 15 de outubro de 961
← sen valor – Al-Hakam II →
Emir de Córdoba
21 de outubro de 912 – 16 de xaneiro de 929
← Abdallah ibn MuhammadSupresión do cargo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEmirato de Córdoba
Califato de Córdoba Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo e Islam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Omeia Editar o valor em Wikidata
FillosAl-Hakam II, Abu al-Mutarrif al-Mughira (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiMuzna Editar o valor em Wikidata
ParentesAbdallah ibn Muhammad (avó) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ascendeu ó trono apenas con vinte e dous anos e reinou cerca de medio século. A súa vida está de tal forma identificada co goberno do seu estado que acabamos por ter máis material biográfico sobre o seu antecesor Abderramán I, que sobre si, innegablemente máis importante no plano histórico. Era neto de Abdallah ibn Muhammad, outro gran líder hispánico dos Omeias, a quen sucedeu. Estableceu o paso do emirato o califato de Córdoba no ano 929. O emir Abd-al-Rahman III decidiu proclamarse Califa, cargo no que que confluían o poder político e o relixioso. Al-Ándalus xa era completamente independente de Bagdad.

Chegou ao trono nunha época en que toda a península estaba inzada por máis dunha xeración de conflitos tribais entre árabes e de escaramuzas entre musulmáns e descendentes hispánicos. A maior parte da poboación, de orixe hispánica, composta por renegados e cristiáns, asumidos ou non, era favorábel á ascensión ao poder dun gobernante poderoso que os protexese contra a aristocracia árabe. Esta última, composta por nobres musulmáns, compuña o principal núcleo de oposición a Abderramán. Logo a seguir, viñan os fatímidas do Exipto e Norte de África, que reclamaban o Califado, xustificando a pretensión coa súa descendencia do profeta Mahoma, procurando estender o seu poder a todo o mundo musulmán. Abderramán conseguiu facer face a todos estes adversarios grazas ao apoio dun exército mercenario, tamén constituído por cristiáns. De feito, foi coñecido pola súa tolerancia para coa comunidade cristiá e xudaica.

Fíxolles fronte aos fatímidas, por un lado ao apoiar os seus inimigos, en África e, por outro lado, reclamando o Califato para el mesmo. Ao declarar o Califato de Córdoba, estaba a quebrar, efectivamente, todos os lazos que o unían aos califas exipcios e sirios. Os seus ascendentes contentáranse apenas co título de emir[2][3] (príncipe). Na altura, aceptábase que apenas o gobernante das cidades santas de Meca e Medina podía reclamar tal título. A forza da tradición estaba, con todo, moi esbatida, de modo que Abd-ar-Rahman se fixo proclamar sucesor do Profeta (califa) e príncipe dos crentes (amir al-Mu'minin) a 16 de xaneiro de 929, gañando un prestixio sen precedentes para un líder musulmán en Europa, tanto entre os seus súbditos hispánicos como en África. Foi nesa data que asumiu a súa al-kunya an-Nasir li-Din Allah (vencedor en nome de Allah).

A súa principal misión, foi a unificación de al-Andalus, tendo para iso sometido os rebeldes andaluces, no sur e centro da península. Un ano após proclamarse califa, emprendeu a súa maior campaña militar, contra Ibn Hafsūn, a quen tomou Sevilla e Alxeciras. Conquistou Bobastro (onde pontificaba ibn Hafsūn), Badaxoz (o dominio dos banu Marwan), onde se centraba a maior parte dos seus opositores, en 928; en 933 conquistou o último reduto deste, en Toledo. Loitou contra os reis cristiáns do norte, apoderouse de Osma, de San Esteban de Gormaz. En resposta aos ataques do rei de León Ordoño II, venceu os reis de León e Navarra, na Batalla de Valdejunquerra, a 26 de xullo de 920 e saqueou Pamplona.

O Califado de Córdoba entrou nunha época de gran prosperidade económica e prestixio mundial. É diso exemplo a cantidade de moedas de ouro e de prata cuñadas por Abderramán. O conxunto de obras públicas e medidas administrativas foron tamén moi eloxiadas ao longo da historia. Os pobos máis distantes da época fixéronlle homenaxe por diversas veces.[Cómpre referencia] Foi o fundador da escola de medicina de Córdoba.

Foi derrotado en 939 polo rei cristián Ramiro II en Simancas (ou Allandega, segundo as crónicas musulmás), dada á traizón dos nobres árabes do seu propio exército. Aínda que esta derrota tivera consecuencias definitivas na carreira militar de Abderramán, os cristiáns non se aproveitaron moito dela. De feito, ante as divisións subsecuentes entre estes, non se demorou moito até que os cristiáns lle volvesen a prestar homenaxe en Córdoba.

Notas editar

  1. "Abd al-Rahman". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 22. 
  2. "emir". academia.gal. Consultado o 2-6-2019. 
  3. "emir". digalego.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 09-01-2019. Consultado o 2-6-2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar