Romaría

Festa popular con peregrinación relixiosa

A palabra romaría[1] ou romaxe[2] vén de romeiro, os peregrinos con rumbo a Roma.

Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.

Romarías en GalizaEditar

 
Unha romaría nas proximidades de Santiago, 1860, Dionisio Fierros.

En Galiza, existen un gran número de romarías, entre as que cómpre salientar:

RefraneiroEditar

  • As romaxes e ás vodas van as tolas todas.
  • Ben vai o romeiro cando o bordón lle esquece.
  • Boa romaxe fai o que ten a casa en paz.
  • Cada romeiro co seu compañeiro.
  • O que anda en moitas romaxes gasta o tempo en viaxes.
  • Para ir a unha romaxe, non vaias en recovaxe.
  • Quen vai a moitas romaxes, gasta cartos e traxes.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romaría.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para romaxe.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar