Joaquín Sorolla

pintor español

Joaquín Sorolla y Bastida, nado en Valencia o 27 de febreiro de 1863 e finado en Cercedilla o 10 de agosto de 1923, foi un pintor e artista gráfico español.

Joaquín Sorolla
Joaquín Sorolla 004.jpg
Nome completoJoaquín Sorolla y Bastida
Nacemento27 de febreiro de 1863
 Valencia
Falecemento10 de agosto de 1923
 Madrid
ÁreaPintura
EducaciónEscola de Belas Artes de Madrid
MovementoRealismo, Luminismo
ObrasE aínda din que o pescado é caro (1895)
Nenos na praia (1910)
Paseo á beira do mar (1909)
NacionalidadeEspaña
Influencia aTeodoro Andreu
CónxuxeClotilde García del Castillo
FillosJoaquín Sorolla García, Elena Sorolla García e María Sorolla García
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por mor dunha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.

Outra importante faceta súa foi a de retratista, de figuras importantes como foron Juan Ramón Jiménez, o rei Afonso XIII, Vicente Blasco Ibáñez, Ortega y Gasset etc. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.

En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid, padeceu un ataque de hemiplexía que minguou drasticamente as súas facultades físicas e mentais. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.

Galería de imaxesEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar