Arante, Ribadeo
San Pedro de Arante é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo e eclesiasticamente ó arciprestado da Ría de Abres. Segundo o censo en 2004 tiña 271 habitantes, agrupados en 8 entidades e 5 lugares, cunha densidade media 19,2 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 204 habitantes, sendo 86 homes e 118 mulleres.
Arante | |
---|---|
Igrexa das Virtudes na Ponte. | |
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′26″N 7°10′48″O / 43.4904782, -7.18007264 |
Área | 14,09 km² |
Poboación | 183 hab. (2020) |
Densidade | 12,99 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
editarO seu xentilicio é arantego[2].
Xeografía
editarLimita coas parroquias de Covelas, Cedofeita, Vidal e A Fórnea (Trabada) e Vilamartín Pequeno (Barreiros); tamén limita cara ao norte cos montes de Penalonga e o Monte Mondigo. Entre os seus regatos e río destacan o Lexoso (cara ao nordeste) e o Arante (que fai de entronque co anterior e que, dirixíndose o sur, pasará a chamarse río Grande).
Aínda que é unha das parroquias máis montañosas de Ribadeo cunha altitude media de 440 m, ten dous vales: o sector central, regado polo río Arante e o sector norte, regado polo río Lexoso (que é onde vive a meirande parte da poboación).
As entidades de poboación son O Barredal (27), Os Bestilleiros (23), Cei (44), Cima de Vila (17), Fondo de Vila (23), A Ponte (14), Remourelle (98) e Vilamariz (25). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son Os Fornos, A Madanela, As Pereiriñas, Portobragán e Rego de Mel.
Evolución da poboación
editarArante presenta unha tendencia ó despoboamento a comezos do século XXI:[3]
Total | homes | mulleres | |
2018 | 195 | 84 | 111 |
2017 | 194 | 83 | 111 |
2016 | 196 | 85 | 111 |
2015 | 195 | 84 | 111 |
2014 | 204 | 86 | 118 |
2013 | 203 | 88 | 115 |
2012 | 216 | 96 | 120 |
2011 | 225 | 101 | 124 |
2010 | 239 | 110 | 129 |
2009 | 244 | 108 | 136 |
2008 | 243 | 104 | 139 |
2007 | 246 | 105 | 141 |
2006 | 256 | 114 | 142 |
2005 | 265 | 120 | 145 |
2004 | 271 | 124 | 147 |
2003 | 278 | 126 | 152 |
2002 | 289 | 132 | 157 |
2001 | 297 | 135 | 162 |
2000 | 313 | 142 | 171 |
Historia
editarA parroquia de Arante aparece citada en varias ocasións no libro de Francisco Lanza Ribadeo Antigo, referíndose a existencia dun castro levantado sobre un montículo natural. A parroquia recibe o seu nome do río Arante que flúe ó pé do seu val.[4] Este nome está formado pola raíz indoeuropea Ar (correr, fluír), e polo sufixo 'ante', co sufixo -nt- moi frecuente en formacións prerromanas de raíces hidronímicas (hidronimia paeloeuropea)[5], como Serantes, Amarante etc. A parroquia está documentada como Alanti.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Pedro de Arante é do século XVIII. Dispón dunha nave central cuberta por bóveda de canón e arcos de medio punto que remata noutra bóveda de pavillón sobre tres arcos de pedra, tamén de medio punto. No seu interior, tres retablos: dous deles barrocos e o outro clásico.
Na aldea da Ponte está o santuario da Nosa Señora das Virtudes. No barrio de Remourelle está a capela de Santa María Madalena.
En Arante consérvase o Castro da Aira da Croa,[6]
Festas
editarA festa patronal, na honra de San Pedro, é o 29 de xuño, celebrándose cunha pequena procesión. A romaría das Cruces ten lugar sete semanas despois da Semana Santa. É unha pequena romaría e procesión na que se levan sete cruces de sete parroquias distintas, (que simbolizan as sete parroquias orixinarias do concello). O 21 de agosto celébrase a Festa da Magdalena.
Galería de imaxes
editar-
Detalle no interior da igrexa das Virtudes
-
Detalle do interior da igrexa das Virtudes, escenificando un milagre
-
O Pozo Mouro, en Remourelle
Lugares e parroquias
editarLugares de Arante
editarLugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |
Parroquias de Ribadeo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Varela Aenlle, C. X. (2021). Dicionario do Galego de Asturias. Universidade de Vigo. p. 72. ISBN 978-84-8158-897-2.
- ↑ "INEbase / Demografía y población /Padrón. Población por municipios /Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por unidad poblacional / Resultados". www.ine.es. Consultado o 2019-01-23.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf
- ↑ Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.