Monte Penalonga
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Penalonga.
O Monte Penalonga, de 509 m, é a segunda altura da fronte montañosa entre o río Masma, río Eo e Mar Cantábrico, tras o Monte Mondigo. Está situado no Concello de Ribadeo, se ben toda a ladeira norte pertence a Barreiros.
O nome de Comado corresponde a todo o monte, se ben partes del reciben outras denominacións, como o que vén dado polo chan da súa zona alta; así, ó punto máis alto denomínaselle Pico Pena Longa. Chámaselle Chao do Comado a unha parte cha próxima ó punto máis alto.
O monte ten uns riscos na zona norte con vistas moi boas sobre a rasa Cantábrica e o mar, lugar de chegada da carreira 'medio quilómetro vertical' que se realiza a comezos de outono e é un lugar prezado de lanzamento en parapente.[1]
Notas
editar- ↑ Panel explicativo á beira do lugar de vixilancia dos lanzamentos.