Río Eo
O río Eo é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica que discorre por terras de Galicia e Asturias, delimitando ao cabo a fronteira entre ambas. Desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo. A súa cunca ten unha extensión duns 819 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. É apto para a pesca de salmóns.
Río Eo | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Comunidades Autónomas | ![]() ![]() |
Nacemento | Fonteo (Baleira) [1][2] |
Altitude | 597 m |
Lonxitude | 99 km [1] |
Conca | 828 km² [1] |
Caudal medio | 19,61 m³/s [1] |
Caudal relativo | 23,68 L/s/km² |
Desembocadura | Ría de Ribadeo / Mar Cantábrico[1] |
Altitude desembocadura | 0 m |
![]() | |
Conca do río Eo no territorio galego, marcada en azul escuro | |
Historia Editar
O nome provén do vocábulo Ego, que en tempos romanos alternou con Egoba, e así o testemuña Plinio ao falar dos egobarros, os habitantes da beira da ría. De Ego vén Eo e tamén as formas medievais Iuve (775), Euve (875), e finalmente Ove (905-), nome dunha parroquia de Ribadeo, próxima á Ría.
Sen prexuízo do anterior, durante séculos o seu decurso inferior designouse como Río de Miranda, e a parte inicial do seu esteiro como Ría de Abres, aceptando como límite aproximado entre a ría de Abres e a Ría e Ribadeo a ponte estradal de Porto, Ribadeo.
Pola súa ribeira, a comezos do século XX, construíuse dende Vilaoudriz a Ribadeo un ferrocarril mineiro que contribuíu a dinamizar toda a zona. Asemade, coa electrificación comezou a construción de pequenas centrais hidroeléctricas, como a do Louredal, erixida en 1932 para unha futura fábrica de vidro óptico en Santiso de Abres que non chegou a funcionar.
O río ten diversas captacións de auga, como a que subministra a Ribadeo e Trabada, que colle auga por riba da desembocadura do río Ouria.
Datos Editar
- Nacemento: Fonteo, Baleira, Lugo, Galicia
- Desembocadura: Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias)
- Lonxitude: 91,5 km
- Afluentes principais
- Outros afluentes
- Polo oeste: río Liñeiras, río Ouria
- Polo leste: río de Ríotorto, río Trabada
Maquinaria da Central eléctrica do Louredal, río Eo, en Naraído, Santiso de Abres, Asturias
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 CHC. "Ficha do río Eo". Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2019.
- ↑ Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'44.2"N 7°15'45.5"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019.
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ríos galegos |