A Veiga, Asturias

concello de Asturias

A Veiga[4] (en castelán: Vegadeo) é un concello situado na costa do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia, no fondo da ría de Ribadeo. O seu nome orixinal é A Veiga de Ribadeo como aínda aparece na actualidade nunha inscrición no templete da música do parque d'El Medal, no centro da capital municipal.

A Veiga
Escudo da Veiga, Asturias
situación
Veiga d Eo Asturies map.svg
Xentilicio[1]Veigués/a
Xeografía
ProvinciaProvincia de Asturias
ComarcaComarca do Eo-Navia
Poboación3.895 hab. (2022)[2]
Área82,75 km²
Densidade47,07 hab./km²
Capital do concelloA Veiga
Política (2015)
AlcaldeCésar Álvarez Fernández (PSOE)
ConcelleirosPP:
PSOE:
Outros:
Uso do galego[3] ()
Galegofalantes%
Na rede
https://www.vegadeo.es/
editar datos en Wikidata ]

LinguaEditar

Este concello maiormente galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. En xaneiro de 2016 converteuse no primeiro municipio da comarca do Eo-Navia en situar o galego ao mesmo nivel có castelán[5]. Na vila naceu Armando Cotarelo Valledor, escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 1984.

ParroquiasEditar

O concello divídese en 6 parroquias:

 
Mapa parroquial da Veiga.
Número Nome Superficie (km²) % Superficie da Veiga Poboación (2018) % Poboación da Veiga Densidade de poboación (hab./km²)
1 Abres 10,49 13% 187 4,76% 17,83
2 A Veiga 9,79 12,13% 2 924 74,48% 298,67
3 Guiar 5,55 6,88% 28 0,71% 5,05
4 Meredo 27,87 34,54% 200 5,09% 7,18
5 Paramios 9,89 12,26% 81 2,06% 8,19
6 Piantón 19,17 23,76% 465 11,84% 24,26

Camiño de SantiagoEditar

Coa entrada en servizo en 1987 da ponte dos Santos, os peregrinos que se dirixían á ponte do Fornacho (Santiago de Abres) para evitar cruzar a ría de Ribadeo en barca, comezaron a facelo polo novo paso, dirixíndose a Ribadeo, e desde aquí a Lourenzá e Mondoñedo. A Veiga foi tendo menos tránsito de peregrinos e só algúns seguían a antiga ruta, dirixíndose a Trabada. A Asociación Asturgalaica de Amigos do Camiño comezou a reivindicar a construción dun albergue en Santiago de Abres, paso fundamental para recuperar a vía histórica. En 2017 instalouse provisionalmente nun albergue no Polideportivo da Veiga ao tempo que na Trapa (Trabada) comezaba a ofrecer os seus servizos outro albergue. Isto, unido ás labores de mellora poza e sinalización emprendidas polo Goberno do Principado de Asturias, e fixo que a ruta histórica estea a recuperar peregrinos. Para o Goberno do Principado, este foi sempre o Camiño Oficial e a única ruta do Camiño do Norte sinalado con pedras e vieiras.

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  4. Repertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia de Carlos Aenlle
  5. O concello asturiano da Veiga declara oficial o galego no seu municipio, nova en Praza Pública o 13 de xaneiro de 2016.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5.