Castropol

concello de Asturias

Coordenadas: 43°32′N 07°00′O / 43.533, -7.000

Castropol é un concello asturiano galegofalante,[4][5][6] limítrofe con Galiza coa ría de Ribadeo por medio. No ano 2005 tiña 3.998 habitantes, dos que en 2019 perdera case 600.

Castropol
Bandeira de Castropol
Escudo de Castropol
Castropol visto dende Ribadeo
situación
Xentilicio[1]castropolego
Xeografía
ProvinciaProvincia de Asturias
ComarcaComarca do Eo-Navia
Poboación3.288 hab. (2022)[2]
Área125,77 km²
Densidade26,14 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloCastropol
Política (2019)
AlcaldeFrancisco Javier Vinjoy Valea (PSOE)
ConcelleirosPP: 5
PSOE: 6
Outros: 0
Uso do galego[3] ()
Galegofalantes%
Na rede
https://www.castropol.es/
Facebook: ayuntamientodecastropol Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A capital do concello é Castropol, que é canda As Figueiras a vila principal do municipio. Ámbalas dúas contan con porto sobre a ría. É un dos 48 concellos da Galicia estremeira. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «castropolego»[7] ou «castropolés».

Vista de Castropol desde a Capela de San Miguel, en Ribadeo, coa enseada da Lieira á esquerda e a ría de Ribadeo por medio.

Parroquias Editar

O concello de Castropol componse de nove parroquias [8]

 
Panel da ruta costeira Castropol-As Figueiras, á beira da ría de Ribadeo
  • Balmonte
  • Barres
  • Castropol
  • As Figueiras
  • Moldes
  • Piñeira
  • Presno
  • Seares
  • Tol

Demografía Editar

Evolución da poboación de Castropol dende 1920 ata 2007:

Historia Editar

A partir de 1904 foi escenario dun intento político de renovación promovido por Vicente Loriente Acevedo, un castropolense que fixera fortuna en Cuba. Creou o "Partido Independiente de Castropol", popularmente coñecido como "Partido Novo", co obxectivo declarado de loitar contra o caciquismo conservador e rexenerar non só a vida política senón tamén a educativa e cultural da Asturias occidental. Publicaron o periódico decenal Castropol. O Partido Independiente obtivo significativos éxitos nas eleccións locais e provinciais, pero fracasou no seu desafío aos conservadores nas eleccións a deputados a Cortes de 1910, nas que Loriente non logrou, por moi pouco, o desexado escano fronte a Benito Castro García. A formación castropolense rematou integrándose no Partido Reformista liderado polo político republicano Melquíades Álvarez, e foi este o que nas eleccións de 1914 logrou a elección como deputado do distrito de Castropol, revalidando a elección en 1916, 1919, 1920 e 1923. Coa ditadura de Primo de Rivera desapareceu o decenario Castropol.

Entre 1938 e 1943 o seu torritorio albergou o Campo de concentración de Arnao.

Galería de imaxes Editar

Parroquias Editar

Asturias | Parroquias de Castropol

Balmonte | Barres | As Figueiras | Moldes | Piñeira | Presno | Seares | Tol

Notas Editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  4. Pérez Bouza, José A. (1996). El Gallego. LINCOM Europa. p. 1. ISBN 9783895860126. 
  5. Carrasco González, Juan M.; Viudas Camarasa, Antonio, eds. (1996). Actas del Congreso Internacional Luso-Español de Lengua y Cultura en la Frontera: Cáceres, 1 al 3 de diciembre de 1994 1. Universidade de Extremadura. p. 283. ISBN 9788477232377. 
  6. Fernández Rei, Francisco (1994). "Delimitación xeográfica e características lingüísticas do galego de Asturias". Britonia. Revista de Estudios da Terra Navia-Eo (1): 123–137. ISSN 1134-900X. 
  7. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 36. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  8. "Parroquias - Ayuntamiento de Castropol". www.castropol.es. Consultado o 2020-02-01. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Cuervas-Mons García-Braga, Antonio (2000). Castropol, Vegadeo, Ribadeo y su ría (en castelán). Ediciones Júcar. ISBN 84-334-1489-5. 

Ligazóns externas Editar