A Devesa, Ribadeo
Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o censo municipal, en 2004 tiña 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares, cunha densidade de 29,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 529 habitantes, sendo 256 homes e 273 mulleres.
A Devesa | |
---|---|
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°32′12″N 7°08′22″O / 43.53662955, -7.13957475Coordenadas: 43°32′12″N 7°08′22″O / 43.53662955, -7.13957475 |
Poboación | 458 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xentilicio
editarO seu xentilicio é devesao.[2]
Xeografía
editarLimita coas parroquias de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno (no concello de Barreiros) cuxo límite o fai o regato do Perdón e, polo sur con Arante, no leste con Covelas e Vilaframil (tamén está o seu termo o monte Mondigo) e polo oeste con Rinlo. Pertece ó arciprestado de Ribadeo.
Ten unha superficie de 20,74 km² e unha altitude media de 110 m, estando a maioría da parroquia asentada na rasa costeira fronte ó mar Cantábrico.
Evolución da poboación
editarPresenta unha poboación descendente:[3]
total | homes | mulleres | |
2018 | 477 | 235 | 242 |
2017 | 496 | 245 | 251 |
2016 | 494 | 242 | 252 |
2015 | 505 | 245 | 260 |
2014 | 529 | 256 | 273 |
2013 | 541 | 260 | 281 |
2012 | 561 | 267 | 294 |
2011 | 562 | 267 | 295 |
2010 | 581 | 276 | 305 |
2009 | 589 | 282 | 307 |
2008 | 593 | 287 | 306 |
2007 | 603 | 292 | 311 |
2006 | 603 | 288 | 315 |
2005 | 617 | 293 | 324 |
2004 | 615 | 296 | 319 |
2003 | 625 | 303 | 322 |
2002 | 635 | 306 | 329 |
2001 | 646 | 310 | 336 |
2000 | 661 | 317 | 344 |
Toponimia
editarO topónimo deriva do latín DEFENSA, "protexida"[4], e tamén "bosque en terreo comunal"[5], que perde o n ante o s na súa evolución, como mensa / mesa, quedando así Defesa, como xa aparece testemuñado no ano 924. O f latino, son fricativo fortemente sonorizado, convértese nun v dando a súa forma actual Devesa, co significado de "Vila fortemente defendida" que logo pasou a designar esta parroquia.
Historia
editarCoa reforma parroquial da diocese de Mondoñedo de 1895 constituíuse a nova parroquia de Rinlo, segregándose da Devesa.[6]
Monumentos
editarO templo parroquial (a Igrexa de Santa Eulalia) é do século XVI, pero con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada por cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. En canto á orfebrería posúe tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen, ademais, dentro do termo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII ao que se lle incorporou un Cristo do século XVII).
En Meirengos consérvase un castro de aproximadamente 1 Ha.[7] Asemade, na zona dos Castros consérvanse restos de poboados castrexos de certa importancia. Tamén se localizan o Círculo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial ao carón da estrada xeral.
A parroquia conta entre o seu patrimonio natural coa praia de Augas Santas (tamén coñecida como praia das Catedrais) pertencente á zona do Rato. Outros areais de importancia son Os Castros, As Illas, A Rochela (estas dúas na zona da Rochela) e Esteiro (dentro da zona do mesmo nome).
Economía
editarA cooperativa agrícola Os Irmandiños, situada na Devesa, contribuíu economicamente ao seu desenvolvemento, así como a dar un empurrón ao concello de Ribadeo no conxunto do ámbito municipal das actividades.
A atracción da praia das Catedrais ten sido un polo de desenvolvemento económico baseado no turismo.
A N-634 e a A-8 (cunha saída para a praia das Catedrais) atravesan a parroquia, o mesmo que a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón (cun apeadoiro próximo á Praia dos Castros).
Lecer
editarO Albergue Xuvenil é un campamento que se abre no verán para realizar acampadas. Está situado entre a N-634 e a praia das Catedrais.
Festas
editarO 31 de agosto celébrase a festa na honra a San Ramón Nonato, que inclúe romaría e procesión. Pero as Festas Patronais son as de Santa Eulalia case sempre o 10 de decembro e contan cunha gran tradición na zona xa que coinciden coa época do San Martiño ou da matanza do porco.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Varela Aenlle, C. X. (2021). Dicionario do Galego de Asturias. Universidade de Vigo. p. 281. ISBN 978-84-8158-897-2.
- ↑ "INEbase / Demografía y población /Padrón. Población por municipios /Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por unidad poblacional / Resultados". www.ine.es. Consultado o 2019-01-24.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf
- ↑ "Rinlo, San Pedro". Diocese de Mondoñedo-Ferrol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2020.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María, ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.
Galería de imaxes
editar-
Praia e enseada de Esteiro
-
Vista da Praia de Illas
-
Acceso ó edificio principal da Granxa Escola Pedro Murias
-
O lugar de Noceda dende o monte Mondigo
-
Límites administrativos
-
Vista parcial das instalacións de Os Irmandiños, S.C.G. na Devesa
Lugares e parroquias
editarLugares da Devesa
editarLugares da parroquia da Devesa no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
A Avesada | O Barral | A Barrio da Campana | Barrio Novo | Cepetal | Cinxe | Esteiro | O Lagar | Liñeiro | Meirengos | Noceda | Os Olleiros | A Pedreira | A Preixoana | O Rato | A Rochela | O Viladroiro | Vilagoíz | Vilandriz | A Volta |