Barreiros
Coordenadas: 43°32′26.82″N 7°14′0.11″O / 43.5407833, -7.2333639
Barreiros | |
---|---|
![]() | |
![]() Casa do concello, ampliada coa edificación da súa beira. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | barreirego/barreirega barreirés/barreiresa |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Mariña Oriental |
Poboación | 2.941 hab. (2018) |
Área | 72,4 km² |
Densidade | 40,62 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias |
Capital do concello | San Cosme |
Política (2019 [2][3]) | |
Alcalde | Ana Ermida Igrexas (BNG[4]) |
Concelleiros | BNG: 5 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Barreiros | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 76,83% |
Na rede | |
http://www.concellodebarreiros.com/ | |
Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barreirego ou barreirés[6].
PoboaciónEditar
Censo total 2014 | 2994 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 236 (7,88 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1764 (58,92 %) |
Maiores de 65 anos | 994 (33,2 %) |
Evolución da poboación de Barreiros Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
4394 | 4804 | 5197 | 4138 | 3278 | 3244 | 3166 | 3124 | 3061 | 2994 | 3021 | 2970 | 2948 | {{{14}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello ten 72,4 km², e está atravesado polo río Masma. Limita ó leste con Ribadeo, ó sur con Trabada e Lourenzá e ó oeste con Foz.
PatrimonioEditar
En San Miguel de Reinante está a capela de Santo Estevo do Ermo, a praia das Pasadas, a praia de Arealonga e o monte Comado, onde se pode practicar paracaidismo. Na mesma parroquia celébrase o Festival Internacional Folclórico do Emigrante a primeira fin de semana de agosto.
No mesmo contorno de Sto. Estevo está a fevenza homónima, conectada coa ermida e varias fontes por unha ruta a pé.
Barreiros na cultura popularEditar
- Dígoche Sabela
- que o deño non dorme,
- embarquei pra Laxe
- fun quedando en Cosme.
(Refírese a San Cosme de Barreiros)
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Barreiros.
ParroquiasEditar
Lugares de BarreirosEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barreiros vexa: Lugares de Barreiros.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Barreiros". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros: «Sodes vós, o pobo, quen ordenades»
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 48. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barreiros |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |