Celeiro de Mariñaos, Barreiros
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 229 habitantes (116 mulleres e 113 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 255 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 177 habitantes, sendo 91 homes e 86 mulleres.
Celeiro de Mariñaos | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa Cristina de Celeiro de Mariñaos. Detalle. | |
Concello | Barreiros[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°30′52″N 7°16′30″O / 43.514444444444, -7.275Coordenadas: 43°30′52″N 7°16′30″O / 43.514444444444, -7.275 |
Poboación | 166 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio culturalEditar
Igrexa parroquialEditar
A igrexa parroquial é do século XVIII, segundo consta sobre a porta principal. Antigamente o cemiterio atopábase no propio atrio da igrexa pero trasladouse a finais do século XIX ou principios do século XX. Hoxe en día aínda son visibles dous nichos é unha lápida na que aparece gravada unha inscrición en castelán extraída do segundo Libro dos Macabeos, capítulo 12:
Santa y Saludable es la memoria de los difuntos, le pedimos a Dios que sus pecados sean perdonadosLib Macab cap 12
LendasEditar
O tesouro de MaelocEditar
Celeiro de Mariñaos esténdese ós pes do Monte Cornería, un dos puntos máis altos desta zona da Mariña. Alí disque foi soterrado, a gran profundidade, un baúl de ouro cunha pedra azul de poderes máxicos pertencente ó bispo bretón Maeloc.
FestasEditar
As festas na parroquia de Celeiro de Mariñaos son o 24 e 25 de Xulio, na honra da súa patroa Santa Cristina de Bolsena e o patrón de Galicia: Santiago. Ademais na segunda fin de semana de agosto ten lugar a Romería de San Caetano - Festa da Tortilla, nas inmediacións da capela de San Caetano e Virxe da Espiña.
Durante os últimos catro anos vén tendo lugar ó pe do río Masma o Festival Ao Son do Masma, unha cita coa música tradicional e a artesanía. O Festival ten lugar no primeiro fin de semana de xuño, aínda que a edición de 2015 foi posposta ata setembro.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Celeiro de MariñaosEditar
Lugares da parroquia de Celeiro de Mariñaos no concello de Barreiros (Lugo) | |
---|---|
O Barral | O Carballo Branco | Rexa | As Saíñas | Xunto á Igrexa |