Xosé-Henrique Costas

lingüista galego
Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente



Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista e profesor galego. Foi director da Área de Normalización lingüística e vicerreitor de Extensión Universitaria da UVigo.[1]

Infotaula de personaXosé-Henrique Costas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Sárdoma, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseManuel González González Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , catedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: 1025703077 Twitter: xhcostas BNE: XX1107819 Dialnet: 504661 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Ao rematar os estudos de Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués) en 1985, foi asesor lingüístico un ano na RG e na TVG. Despois foi profesor na USC, no campus da Coruña.

Entre 1987 e 1994 foi profesor de Lingua Galega nas Escolas de Maxisterio de Pontevedra e Ourense, da Universidade de Vigo. En 1995 doutorouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Aproximación sincrónica e diacrónica o estudio das sibilantes galegas[2] e comezou na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo na que desde 2017 é catedrático de Filoloxía Galega.[3]

Foi director do Departamento de Filoloxía Galega en catro mandatos, director da Área de Normalización Lingüística (2007-2010) e vicerreitor de Extensión Universitaria da UVigo (2010-2014).

As súas liñas de investigación son a Dialectoloxía Galega, a Sociolingüística das linguas minorizadas e a obra xornalística, poética e tradutora de Álvaro Cunqueiro. Deu a coñecer case douscentos poemas inéditos en libro de Cunqueiro, moitos deles “camuflados” como traducións de poemas estranxeiros.

En 1993 foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É un dos especialistas na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres, sobre a que ten publicado ducias de artigos científicos e catro libros.

Como investigador en linguas minorizadas ten publicado diversos artigos e libros sobre o “Galego exterior” (galego de Asturias, León, Zamora e Cáceres), o aranés, o mirandés,[4] o portugués de Olivença etc.

Ten realizado estadías de docencia e investigación e impartido palestras en universidades do Brasil, Portugal, Italia, os Países Baixos, Bélxica, Irlanda, Alemaña e España.[5]

Colabora coa Mesa pola Normalización Lingüística, é membro da plataforma en defensa da lingua ProLingua, foi o coordinador do exitoso manual de autodefensa lingüística 55 mentiras sobre a lingua galega. No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente para o Seminario de Sociolingüística.[6][7]

É colaborador de Nós Diario,[8] da sección “Voces” na web de ProLingua, de GCiencia[9]. É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito.

Ten artigos en revistas especializadas como Cumieira das Letras, A Trabe de Ouro: publicación galega de pensamento crítico, Madrygal: Revista de estudios gallegos, Revista de filología románica, Limite: Revista de Estudios Portugueses y de la Lusofonía, Boletín da Real Academia Galega, Verba: Anuario galego de filoloxía, Quaderni di semantica: rivista internazionale di semantica teorica e applicata, Grial: revista galega de cultura, Viceversa: revista galega de traducción, Cadernos de lingua e Dorna: expresión poética galega.[10]

Narrativa

editar
  • Ao sur da liberdade (2023). Morgante. 234 páxs. ISBN 978-84-19040-14-5.[11] O primeiro libro da triloxía Banu Marwán, a estirpe do galego, unha saga familiar dos séculos VIII-IX.[12]

Ensaios

editar
  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986). Xunta de Galicia. Dirección Xeral de Política Lingüística.
  • 1000 nomes galegos (1991). Comisión para a Normalizacion Lingüística.
  • The Galician Language in Education in Spain (Friske Akademy 2001 e 2016).[13]
  • Guía das linguas de Europa (2001). Positivas. ISBN 84-87783-65-1.
  • A xente que soña desperta: recolla de achegas á lingua e literatura galega de Asturias (2010). UVigo. ISBN 978-84-8158-456-1.
  • A lingua galega no Eo-Navia, Bierzo Occidental, As Portelas e Calabor e o Val do Ellas: historia, breve caracterización e situación sociolingüística actual (2011). RAG. ISBN 978-84-87987-46-5.
  • O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (2013). Xerais. ISBN 978-84-9914-557-0.
  • Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (2016). Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7.

Coordinación

editar

Edicións

editar
  • Herba aquí e acolá de Álvaro Cunqueiro (1991). Galaxia.
  • Seis sainetes valverdeiros de Isabel López Lajas (1998). Positivas.
  • Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV cabodano: Cunqueiro en dezasete linguas e variedades faladas na península Ibérica (2006). Universidade de Vigo. ISBN 84-8158-311-1. Con Iago Castro.
  • A un home noso: homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín (2008). Vicerreitoría de Relacións Institucionais Universidade de Vigo.
  • Dona do corpo delgado: Herba aquí e acolá; Outros poemas: poesía 1933-1981 (2011). ISBN 978-84-9865-381-6. Con Iago Castro.
  • Cunqueiro XL. Escolma de poesía traducida de Àlvaro Cunqueiro co adaxo do seu cuadraxésimo cabodano (2021). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións.
  • Obra poética mañega de Domingo Frades Gaspar (2023). Editora Regional de Extremadura. Con Ana Alicia Manso Flores.

Obras colectivas

editar
  • Galego Coloquial (1986). La Voz de Galicia.
  • Dicionario galego de sinónimos (1997). Galaxia.
  • Álvaro Cunqueiro. Poesía 1933-1981 (2011). Galaxia. Con Iago Castro
  • O mundo que teño de meu. Artigos de A.Cunqueiro (1930-1980) (2013). Galaxia. Con Iago Castro.
  • No obradoiro do fabulador. Artigos en galego de A.Cunqueiro no Faro de Vigo (1963-1971) (2017). Galaxia. Con Iago Castro.
  • Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960) (2018). Positivas. Con Concepción Álvarez.
  • Caer abrindo círculos pechados: Homenaxe á profesora Amparo Solla (2022). Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-8158-933-7.

Premios

editar
  • 1993: Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas foi primeiro premio do Concurso Nacional de Jóvenes Investigadores.
  1. "Costas González, Xosé Henrique". Facultade de Filoloxía e Tradución. Consultado o 2023-11-07. 
  2. Costas González, Xosé Henrique (1994). "Aproximación sincrónica e diacrónica o estudio das sibilantes galegas" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 
  3. "XOSE HENRIQUE COSTAS GONZALEZ Buscador de I+D+i". bidi.uvigo.gal. Consultado o 2023-11-07. 
  4. "Xosé Henrique Costas defende na Assembleia da República Portuguesa unha proposta para a salvagarda do mirandés". Real Academia Galega. 2023-07-19. Consultado o 2023-11-08. 
  5. "Xosé-Henrique Costas González - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-11-08. 
  6. "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
  7. "Correspondentes". Real Academia Galega. 
  8. Diario, Nós. "Nós Diario - Xornal de intereses galegos". Nós Diario. Consultado o 2023-11-08. 
  9. "Xosé Henrique Costas arquivos". GCiencia. Consultado o 2023-11-08. 
  10. "Xosé Henrique Costas González". dialnet.unirioja.es. 
  11. "Ao sur da liberdade – Edicións Morgante". Consultado o 2023-11-08. 
  12. "Xosé-Henrique Costas González – Edicións Morgante". Consultado o 2023-11-08. 
  13. "galician in spain" (PDF). mercator-research.eu. 
  14. "Secretaría Online Universidade de Vigo". secretaria.uvigo.gal. Consultado o 2023-11-07. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar