Piñeira, Ribadeo
San Xoán de Piñeira é unha freguesía do concello de Ribadeo, pertencente ao arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo no ano 2004 tiña 354 habitantes, agrupados en 10 entidades e un lugar, cunha densidade de 60,1 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 322 habitantes, sendo 165 homes e 157 mulleres.
Piñeira | |
---|---|
Vista xeral do barrio de Río. Á esquerda, a escola (ano 2001) | |
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°33′N 7°03′O / 43.55, -7.05 |
Área | 5,89 km² |
Poboación | 340 hab. (2020) |
Densidade | 57,72 hab./km² |
Entidades de poboación | 11[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As entidades de poboación son O Alto dos Pinos (13), Barreiro (9), As Cruces (10), Dompiñor (69), A Eirexa (25), Folgosa (35), O Morgullón (16), O Outeiro (8), Río (32) e Vilar (105). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é Arelongo.
Limita ao norte co Mar Cantábrico, ao leste coa Ría de Ribadeo (que a separa de Asturias) e as parroquias de Ribadeo e Ove, ao sur coa de Ove e Vilaselán e cara ao oeste as de Vilaframil, A Devesa, Vilaselán e Rinlo. Ten unha altitude media de 36 m.
Historia
editarA freguesía xunto a outras próximas foron doadas no ano 1182 por Fernando II ao bispo de Mondoñedo para que establecese a capital da diocese en Mondoñedo.[2] Pero outros historiadores fan saber que o nome de Piñeira ten unha escura relación coa posibilidade de que antano nesta zona fose abundante, ademais do carballo, o piñeiro de mar.
Patrimonio
editarA igrexa de San Xoán de Piñeira dispón dunha cruz parroquial de prata rococó do derradeiro terzo do século XVIII, probablemente obra do taller compostelán.
Festas e lecer
editarA festa do Santo Cristo celébrase o derradeiro domingo de setembro. Noutrora celebrábanse as de San Xoán (24 de xuño) e a do Santo Rosario (27 de decembro).
Na parroquia están a praia da Olga e a praia da Areosa. No interior levouse a cabo unha concentración parcelaria.
Lugares de Piñeira
editarLugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar |
Parroquias de Ribadeo
editarGalería de imaxes
editar-
Niño de Vespa velutina en Piñeira
-
Subestación eléctrica de Piñeira (Ribadeo). Foto tomada o 20180214
-
Subestación eléctrica de Piñeira (Ribadeo). Foto tomada o 20180214
-
Torre da liña de alta tensión que alimenta a subestación eléctrica de Piñeira (Ribadeo)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.