Praia da Areosa
areal en Piñeira, Ribadeo
A praia de Areosa está situada no termo parroquial de Piñeira, no concello de Ribadeo.
Praia da Areosa | |
---|---|
Características xerais | |
Localización | Ribadeo |
Lonxitude | 20 m |
Largo medio | 5 m |
Características
editarTen 20 m de longo por 5 m de largo e está composta de grava e rochas. É unha praia con ondas grandes e ventos de intensidade. Esta praia, xunto coas de Reinante (Barreiros), e as das Catedrais, Esteiro, As Illas e Olga (todas de Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e incluído dentro da Rede Natura 2000.
Ao non ter moita concorrencia, tampouco dispón de servizos complementarios. Non ten Bandeira Azul.