Praia de Esteiro

areal na Devesa, Ribadeo

A praia de Esteiro está localizada no termo da parroquia da Devesa no concello de Ribadeo. Dispón dunha lonxitude de 60 m (algunhas fontes aumentan esta lonxitude ata 100 m). A anchura media rolda entre os 6 m e os 10 m.

Praia de Esteiro
Esteiro e praia de Esteiro
Coordenadas: 43°33′14″N 7°08′49″O / 43.553902, -7.147049
Características xerais
LocalizaciónRibadeo
Lonxitude60-100 m
Largo medio6-10 m

Características editar

Ten forma de enseada, bañada polas augas do mar con ondas moderadas. O seu contorno está sen urbanizar sendo en zonas próximas a abundancia de pradeiras. Situada na enseada do Cadramón (entre as praias das Catedrais e As Illas), é moi recomendable para os máis cativos, xa que na baixamar formase unha pequena lagoa na que se pode gozar do baño sen perigo. Tamén se sitúa cerca do porto deportivo de Foz.

Todo o longo a praia pódese percorrer pisando unha area branca e fina e non dispón de bandeira azul; polo cal tampouco é habitual que haxa un equipo de salvamento na zona, en todo caso, de haber algún ferido, sería traslado o Hospital Comarcal da Costa-Burela. Conta coa típica poboación faunística do litoral. A mesma praia (xunto coas praias de San Miguel de Reinante (Barreiros), As Catedrais, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), conforman a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado como Rede Natura 2000. O seu acceso vai dende Ribadeo pola estrada N-634 na dirección a Lugo, ata desviarse por un ramal a dereita sinalizado, que leva xusto ata a praia.

En canto aos servizos de atención, esta praia dispón de moi poucos, aparcadoiros a menos de 500 m, non hai duchas na praia pero si moi preto dela; en canto o servizo de limpeza, so é activo na época estival. Nesta época tamén conta con servizo de vixilancia e sinalización do mar, que diminúen ata quedar case inexistentes no inverno.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar