Couxela, Ribadeo
Couxela é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2011 tiña 132 habitantes (69 homes e 63 mulleres), agrupados en 11 entidades de poboación e 2 lugares, o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 165 habitantes.
Couxela | |
---|---|
Cruz conmemorativa da misión dos xesuítas de setembro de 1943, conservada na igrexa parroquial. | |
![]() | |
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°28′09″N 7°05′34″O / 43.46905895, -7.09286445Coordenadas: 43°28′09″N 7°05′34″O / 43.46905895, -7.09286445 |
Área | 4,56 km² |
Poboación | 96 hab. (2020) |
Densidade | 21,05 hab./km² |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Limita ao leste con Vegadeo (Asturias), da cal está separada polo río Eo; ao sur coa Valboa (concello de Trabada), separada polo regato da Ferreira; ao norte con Vilausende; e ao oeste con Cedofeita. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 230 m.
ToponimiaEditar
Posiblemente a súa orixe estea en Covus (cóncavo),[2] forma latina arcaica. Á súa variante Covius foille engadido o sufixo -ellus, dando Coviella, que estaría relacionado coa valgada que forma no terreo.[3] A sílaba -vi- evoluciona ao -x- galego, como foveum -> foxo, dando Coxela. Pero o -v- de Covius representa un son palatal parasitario, parecido ao w inglés, que leva ao actual -u-, breve e átono, dando Couxela, co -ll- xeminado transformado en -l-.
Aparece documentado como Coegela e Coiegela.
FestasEditar
Na actualidade só se celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto domingo de setembro. Tempos atrás celebrábanse tamén as festas de San Brais (3 de febreiro), Santo Antón (13 de xuño) e Santiago (25 de xullo).
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CouxelaEditar
Lugares da parroquia de Couxela no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
Os Bispos | Os Casais | A Casanova | As Cerdeiriñas | Cima de Vila | Fornelo | Irexe | Maizán | Moural | O Rego | Sendín | A Venda | A Xunqueira |
Parroquias de RibadeoEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf