Abrir o menú principal

Coordenadas: 43°33′N 07°06′O / 43.550, -7.100

San Pedro de Rinlo
IgrexaRinlo.JPG
Igrexa parroquial
ConcelloRibadeo
Área1,13 km²
Poboación228 hab. (2017)
Densidade201,77 hab./km²
Entidades de poboación7

San Pedro de Rinlo é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo. A freguesía pertence ó arciprestazgo de Ribadeo. Segundo o IGE en 2010 tiña 233 habitantes.

Conta cos lugares do Campo de María Méndez, O Campo de San Pedro, O Campo do Cristo, O Cantal, O Cotarelo e A Virxe Branca. Limita ao sur coa parroquia da Devesa, ao leste con Vilaframil, ao oeste con Reinante (do concello de Barreiros) e ao norte co mar Cantábrico. Está atravesada polo regato de San Xulián ou San Xián.

HistoriaEditar

O topónimo podería derivar do nome do pequeno río que desemboca no seu porto: Rivillus, palabra composta de rivius, (río) e a posposición diminutiva illus (río pequeno, regato). Perdida o v ante o i, fenómeno frecuente na formación das linguas romances, queda Riillus. O hiato formado polos dous ii fai desaparecer un deles, quedando Rillus, que acaba en Rilo, perdendo un l por redución fonética. O n que logo aparece é un fenómeno de nasalización secundaria, como esquecer / esquencer. Na Idade Media estaba documentado como Riilo.[1]

Vila mariñeira de longa tradición, deu acubillo a tres cetarias, hoxe abandonadas. As súas actividades principais na actualidade son a extracción de percebes e o turismo.

No século pasado colleu un certo nome para o turismo, din que a raíz do paso pola vila de Ernest Hemingway.

Situación xeográfica
 
Mapa de situación en Galicia da parroquia
Rinlo, Ribadeo
Concello ó que pertence: Ribadeo

PatrimonioEditar

 
Vista xeral de Rinlo. Á dereita, o Mar Cantábrico. Ó fondo, a costa de Burela.
 
Casa indiana en Rinlo. Destaca o miradoiro e a pasarela no tellado. O horro (hórreo) é do estilo típico de Ribadeo (vista posterior).

A igrexa parroquial de San Pedro está sita á saída do núcleo urbano. Ten aglún edificio curioso, como unha cas indiana cunha pasarela no tellado, a máis de edificacións domo a antiga escola, doazón dun indiano orixinario da zona. As casas da fachada cara ó porto zona teñen un colorido variopinto.

Na actualidade un paseo costeiro recorre toda fronte da rasa ó pé do Cantábrico, incluída a zona de Rinlo, e facilita a visita ás tres cetarias, que forman parte da historia rinlega.

Festas e lecerEditar

As festas patronais de San Pedro celébranse o 29 de xuño, cunha procesión ata o peirao. O 16 de xullo, como en case tódalas vilas mariñeiras, hónrase á Virxe do Carme, cunha misa que se celebra no porto. Recentemente recuperouse a festa do percebe, que se ven celebrando contra o 25 de xullo.

O porto ten gran tradición mariñeira, e conta ademais cun depósito e traída de augas.

Rinlo na cultura popularEditar

Pra facer ben a costeira,
mariñeiriños rinlegos,
pra botar contas, no porto,
mariñeiriños focegos.

Galería fotográficaEditar

Lugares e parroquiasEditar

NotasEditar

  1. Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar