Santalla de Vilausende, Ribadeo
Santalla de Vilausende é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo. Pertence ó arciprestado de Ribadeo. Segundo o censo do ano 2004, ten 226 habitantes, agrupados en 8 entidades de poboación e 3 lugares, cunha densidade media de 21,6 hab/km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 182 habitantes, sendo 88 homes e 94 mulleres.
Santalla de Vilausende | |
---|---|
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′13″N 7°04′28″O / 43.48691928, -7.0743712Coordenadas: 43°29′13″N 7°04′28″O / 43.48691928, -7.0743712 |
Área | 10,46 km² |
Poboación | 157 hab. (2020) |
Densidade | 15,01 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As entidades de poboación son Lourido (12 hab, segundo censo 2014), Porto de Abaixo (26), Porto de Arriba (27), O Río da Veiga (14), San Tomé (5), Santalla (45), A Torre (16) e Vilausende (37). Os lugares (forman parte dalgunhas das entidades) son O Carbón, Os Castros e A Curuxeira.
Xeografía
editarLimita ó norte coas parroquias de Ove, A Devesa e Covelas, ó oeste coa de Cedofeita, ó sur coas de Couxela e A Valboa (Trabada) e ó leste coa ría de Ribadeo. Ten unha altitude media de 100 metros. Está regada por dous regatos: cara ao norte o regato da Fraga e cara ao sur o regato da Veiga.
Historia
editarO seu topónimo posiblemente provén do nome do posesor xermánico xa latinizado Adosindus, que na documentación medieval aparece na súa forma xenitiva Adosindi. Na súa evolución perdeu o d intervocálico, co que o cambio fonético do i en e dá a forma Aosende, que unida ó seu precompoñente Vila forma Vilaosende. O ditongo ao convértese ás veces en au, formando Vilausende, como está recollido oficialmente, aínda que moitos veciños seguen a pronunciar Vilaosende. Aparece documentada como Villadosindi.[2]
Patrimonio
editarA igrexa parroquial ten no seu interior imaxes de estilo barroco do século XVIII.
Os restos do pazo de Quinta Longa, no lugar dos Castros, é un conxunto en mal estado de conservación. A casa conserva a súa estrutura primitiva, con parte do patio de ingreso e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. No muro oriental campea unha pedra de armas ovalada coa inscrición e cartelado cos emblemas dos Montenegro e Luaces. Completan o conxunto un pombal de forma hexagonal e unha capela que estivo adicada a Virxe da Inmaculada, que conforman un recinto todo amurallado.
No lugar dos Castros quedan restos dun poboado castrexo con cerámica abundante e varios muíños de man, e no lugar da Torre, o Castro da Torre.[3]
Festas e lecer
editarCelébranse as festas patronais o 10 de decembro, na honra a Santa Eulalia. A Festa das Flores, que vén sendo máis relevante, celébrase a derradeira semana de maio ou ben a primeira de xuño. O 10 de xuño tamén se celebran as Festas do Corazón de Xesús. Trátase dunha celebración relixiosa (sen verbena), xa que noutrora considerábase que bailar ese día era pecado e na actualidade se está a conservar tal tradición.
Galería de imaxes
editar-
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo, entre Santalla e Ove. Pódese observar a vía do Ferrocarril Ferrol-Xixón, e á dereita, a ponte da antiga liña Ribadeo - Vilaoudriz, hoxe soporte para o tubo de auga que subministra Ribadeo. Á esquerda, a ría, e á dereita, o río Grande.
Lugares de Santalla de Vilausende
editarLugares da parroquia de Santalla de Vilausende no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
A Curuxeira | Lourido | Porto de Abaixo | Porto de Arriba | O Río da Veiga | San Tomé | Santalla | A Torre | Vilausende |
Parroquias de Ribadeo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.