Vilar, Piñeira, Ribadeo
Coordenadas: 43°32′16″N 7°04′05″O / 43.5376838, -7.0681599
Vilar é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello lucense de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 130 habitantes (72 homes e 58 mulleres).
Vilar | |
---|---|
Parroquia | Piñeira |
Concello | Ribadeo |
Poboación | 130 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
ToponimiaEditar
Parece que o seu nome vén do que se consideraba unha pequena vila formada por un agrupamento de dúas ou tres casas nas que había algún establecemento de carácter público, como unha tenda de comestibles, bar ou serraría, e unha gran pradería para os gandeiros, que incluso no transcurso da guerra civil española serviu de campo de aterraxe.
Na actualidade viuse transformada polas obras da autovía do Cantábrico e por estar cerquiña de Ribadeo. Isto comportou un aumento da poboación, con novas vivendas, talleres e industrias. A súa situación fai que medre e teña un crecemento importante debido tamén ás facilidades de comunicación que ten con Asturias, Lugo e A Coruña.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de PiñeiraEditar
Lugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Alto dos Pinos | Arelongo | Barreiro | As Cruces | Dompiñor | A Eirexa | Folgosa | O Morgullón | O Outeiro | Río | Vilar |
Parroquias de RibadeoEditar
NotasEditar
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.