Vilaselán, Ribadeo
Santa María de Vilaselán é unha parroquia do concello de Ribadeo, na provincia de Lugo. Segundo o censo de 2007, tiña 412 habitantes[2] (403 en 2004), repartidos en dous lugares (As Trancoeiras e Xan de Abaixo) e 14 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 390 habitantes, sendo 185 homes e 205 mulleres.
Vilaselán | |
---|---|
![]() Vista frontal da igrexa | |
Concello | Ribadeo[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°32′53″N 7°02′57″O / 43.54798775, -7.04905635Coordenadas: 43°32′53″N 7°02′57″O / 43.54798775, -7.04905635 |
Poboación | 375 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As entidades de poboación so: As Barreiras (26), O Campoxurado (39), O Cargadoiro (27), As Casas de Abaixo (5), O Circo (30), A Cruz (20), A Eirexa (29), O Espín (16), Os Galos (128), A Granxa (abandonado), A Lodeira (13), Outeiro (7), A Senra (12) e A Torre (38).
XeografíaEditar
A parroquia ten unha superficie de 2,12 km²[2], cunha densidade media de 190,1 hab./km². Limita ao norte co mar Cantábrico, ao sur con Ove e Vilausende, ao leste con de Piñeira e Ribadeo, e ao oeste con Vilaframil e Rinlo. Pertencente o arciprestado de Ribadeo e é anexa da parroquia de San Xoán de Piñeira.
Nun dos extremos atópase a Illa Pancha que vixía a entrada da enseada de Vilaselán, e polo outro extremo a entrada da ría de Ribadeo. Tamén pasa polas súas estremas o río de Vilaselán. E pódese apreciar dende as dúas derradeiras décadas do século XX a absorción dalgunhas aldeas pola expansión da vila de Ribadeo, como A Eirexa, A Senra, O Circo e algunha outra máis.
HistoriaEditar
O nome parece provir dun composto por Vila (do latín villa 'Casa de Campo') e Selán (nome de posesor xermánico latinizado Selanus), no caso xenitivo, Villa [domini] Selani. Coa caída do -i final dá a súa forma actual, Selán.[3]
PatrimonioEditar
O máis característico é a Igrexa de Santa María de Vilaselán, do século XVIII. Nunha aldea próxima está a Capela de San Miguel.
No territorio aséntanse varios castros, como o Castro das Grobas[4] e o de Louselas. Neste apareceron restos paleolíticos (achelense) e un torques celta achado en 1872[5]. Aínda en fase da avaliación, considerase un asentamento de grande importancia tanto pola súa extensión como pola cantidade de restos atopados ata o momento. Algúns foron trasladados o museo de Vilalba.
Festas e lecerEditar
Celébranse as Festas da Virxe o 10 de abril. Nelas venérase con gran devoción (principalmente entre os mariñeiros), a imaxe da Virxe (aparecida no mar, segundo a tradición). Tamén son celebradas as Festas de Santo Antón, que teñen lugar o 13 de xuño.
Pódese destacar que se están comezando a urbanizar os extremos do norte da parroquia, onde está xa rematado gran parte do paseo marítimo.
AsociacionismoEditar
A parroquia dispón dende hai tempo dunha asociación de veciños, a a. VV. Virxe de Vilaselán, que no 2019 está en risco de disolución por falta de rexeración da directiva.[6]
Galería fotográficaEditar
Hórreo na estrada dende Ribadeo, á dereita da estrada (A Lodeira).
Hórreo na estrada dende Ribadeo, á esquerda (fronte ó anterior, A Lodeira)
Hórreo en restauración no Campoxurado
Hórreo no Campoxurado
Outro hórreo no Campoxurado
Desembocadura do río de Vilaselán no Cantábrico
Lugares de VilaselánEditar
Lugares da parroquia de Vilaselán no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
As Barreiras | O Campoxurado | O Cargadoiro | As Casas de Abaixo | O Circo | A Cruz | A Eirexa | O Espín | Os Galos | A Granxa | A Lodeira | O Outeiro | A Senra | A Torre | As Trancoeiras | Xan de Abaixo |
Parroquias de RibadeoEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ 2,0 2,1 "Vilaselán. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María (2007). Estudio sobre la toponimia de Ribadeo.
- ↑ Rodríguez Díaz, José María, ([2009]). Sobre os castros de Ribadeo. [Lugo]: O Tesón. ISBN 9788461296446. OCLC 733842086.
- ↑ "Patrimonio. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Consultado o 2019-01-04.
- ↑ "Llamada de urgencia a renovar la asociación de vecinos". La Comarca del Eo. 16/02/209.