Remourelle, Arante, Ribadeo
Remourelle é un lugar da parroquia de Arante no concello lugués de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 63 habitantes (25 homes e 38 mulleres).
Remourelle | |
---|---|
O Pozo Mouro, no rego de Lexoso. | |
Parroquia | Arante |
Concello | Ribadeo |
Coordenadas | 43°30′37″N 7°11′02″O / 43.510350043461, -7.1839916136499 |
Poboación | 63 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo Remourelle ten a súa orixe na forma *riuŭ maurĕllī, a partir do substantivo río (do latín rīuŭ) co xenitivo do antropónimo maurĕllŭs.[2] Aparece documentado en dúas atestacións medievais do Tombo de Lourenzá como Riu Maurelli e Rio Maurilii.
Xeografía
editarDe xeito amplo (ó ser o lugar de máis entidade dos da contorna, outros, como Rego de Mel, quedan englobados de xeito amplo) o lugar, na beira do monte Comado, está limitado ó norte e ó oeste polo concello de Barreiros, mentres o resto de beiras pertencen ó concello de Ribadeo: ó leste, Noceda (parroquia da Devesa) e ao sur a estrada LU-133 Reme-Vilamar. Á súa beira corre o rego de Lexoso, que máis adiante dá lugar ó río Grande.
Galería de imaxes
editar-
Remourelle, dende o camiño Norte de Santiago
-
A LU-133 en Remourelle. Ponte sobre o rego de Lexoso.
-
Ponte no rego de Lexoso
Lugares e parroquias
editarLugares de Arante
editarLugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |
Parroquias de Ribadeo
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Bascuas López, E. (2002). Estudios de hidronimia paleoeuropea gallega. Universidade de Santiago de Compostela. p. 160 e ss. ISBN 9788497500265.