Portobragán, Arante, Ribadeo
Portobragán é un lugar da parroquia de Arante, no concello lucense de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.
Portobragán | |
---|---|
Parroquia | Arante |
Concello | Ribadeo |
Coordenadas | 43°30′24″N 7°10′48″O / 43.50666912209, -7.1801085533528 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarAo igual ca noutros topónimos como Portor, Portogaín ou Porcillán, en Portobragán aparece a combinación do substantivo porto (do latín pŏrtŭ) co xenitivo dun antropónimo, quizais afrĭcānŭs, con certa presenza na documentación medieval e que parece estar na orixe doutros nomes de lugar galegos como Abragán, existente na actualidade nos concellos de Ribeira (como topónimo menor), O Corgo e A Estrada. En Pereiro de Aguiar documéntase un topónimo Abregón. Piel sinala descendentes toponímicos deste mesmo antropónimo en Portugal, como Abregão, Abregã e Abragão.[1] Por tanto, a hipótese dun sintagma *pŏrtŭ africānī como orixe da forma Portobragán é conxectural, mais conta con apoios de relevancia no sistema toponímico tanto galego como portugués.[Cómpre referencia]
Lugares e parroquias
editarLugares de Arante
editarLugares da parroquia de Arante no concello de Ribadeo (Lugo) | |
---|---|
O Barredal | Os Bestilleiros | Cei | Cima de Vila | Fondo de Vila | Os Fornos | A Madanela | As Pereiriñas | A Ponte | Portobragán | Rego de Mel | Remourelle | Vilamariz |
Parroquias de Ribadeo
editarNotas
editar- ↑ Piel, J.M. (1948). Nomes de “possessores” latino-cristiãos na toponímia asturogalego-portuguesa. Universidade de Coimbra. p. 24.