Río Grande, ría de Ribadeo
Coordenadas: 43°29′42″N 07°03′30″O / 43.49500, -7.05833
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
O río Grande é un río da provincia de Lugo.
Río Grande | |
---|---|
![]() Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo. | |
País | ![]() |
Nacemento | A Fórnea, Trabada |
Lonxitude | 22 km aprox |
Conca | 60,44 km2 |
Caudal medio | 1,4 m³/s |
Desembocadura | Ría de Ribadeo |
CursoEditar
Nace como rego de Lexoso nos montes de Trabada, preto da aldea da Fórnea (43°28′8″N 07°12′54″O / 43.46889, -7.21500). Fai unha pequena incursión no concello de Barreiros (atravesando a parroquia de Vilamartín Pequeno e pasando pola de Cabarcos) e atravesa o de Ribadeo, regando as parroquias de Arante e A Devesa (onde se atopa o encoro de Vilamariz sobre o rego de Lexoso), Covelas, Cedofeita, Vilausende e Ove[1]. No barrio da Ponte, entre as parroquias de Arante e Covelas, únense o rego de Lexoso e o rego de Arante, chamándose a partir de aí río Grande. Finalmente desemboca na marxe esquerda da ría de Ribadeo. Ten unha achega anual media de 43 Hm3/ano[2].
AfluentesEditar
Os seus principais afluentes son o río Noceda e o río Pequeno pola esquerda (este último acólleo na súa desembocadura) e o rego de Arante pola dereita (43°29.78′N 07°8.53′O / 43.49633, -7.14217), lugar onde colle o nome de río Grande, despois de denominarse río (ou rego de) Lexoso, constituído a partir do rego de Porto Bragán (ó xuntarse co rego das Teixeiras) e este, a partir do rego da Fórnea (ó xuntarse co rego de Cambite).[1]
ServizosEditar
Mediante o encoro de Lexoso contribúe á subministración de auga potable a Ribadeo.
HidronimiaEditar
Algunhas fontes cartográficas intercámbianlle os nomes aos ríos Grande e Lexoso ou Grande e Arante dende os seus nacementos até o lugar da súa confluencia na Ponte na parroquia de Covelas.
Galería de imaxesEditar
Ordenadas de nacemento a desembocadura:
Ponte sobre o rego de Lexoso, na división entre Ribadeo (Remourelle, ó fondo) e Barreiros (a uns 4,5 km do seu nacemento)
Vista do Pozo Mouro, no rego Lexoso, en Ribadeo (a uns 6 km do nacemento)
Vella ponte de Arante, destruída pola riada de 2010
Vista do val do río Grande, lugares de Sa, Somo e Marelle (Covelas, Ribadeo) dende o p.k. 14,5 aprox da LU-133.
Ponte da vella liña Ribadeo -Vilaoudriz xa na desembocadura do río Grande
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "VisorSigPac". sigpac.mapa.es. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2010. Consultado o 2017-01-20.
- ↑ "FICHA ESTACIÓN DE AFORO Nº 430 - GRANDE RIBADEO" (PDF). Augas de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07/11/2017. Consultado o 18/3/2017.