Francisco Lanza
Francisco Nemesio Lanza Álvarez, coñecido como Paco Lanza, nado nos Garitos (Ove, Ribadeo) o 26 de marzo de 1892 e finado en Buenos Aires o 14 de xaneiro de 1951,[1] foi un xornalista e escritor galego de conviccións republicanas e galeguista.
Francisco Lanza | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1892 |
Lugar de nacemento | Ove |
Falecemento | 14 de xaneiro de 1951 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
A súa familia proviña de Vilaselán. Cursou os seus estudos en Ribadeo. Colaborou con Celestino Pérez Andrade e Camilo Cancio Quindós en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil. Foi un dos impulsores do Ateneo de Ribadeo en 1915. Fundou en 1919 o semanario local La Comarca (que aínda existe), de tendencias liberais e progresistas, no que escribiu, ó parecer en colaboración co seu sogro Celestino Pérez Andrade, numerosos artigos baixo os pseudónimos de El Montañés e Un labrador gallego. Estes artigos eran de tal dureza que Celestino tivo que ausentarse da vila en numerosas ocasións por perigo da súa integridade.[Cómpre referencia] En 1927 comezou a súa relación co Seminario de Estudos Galegos, no que entrou en 1929 co seu traballo 'Ribadeo bajo el señorío de sus condes',[1] formando parte das seccións de xeografía e de historia, colaborou na revista Nós e no Boletín da Real Academia Galega, onde publicou diversos traballos históricos e etnográficos sobre Ribadeo. Tamén colaborou en Faro de Vigo e El Sol (Madrid).
En 1931 emigrou a Buenos Aires, onde traballou en diversos periódicos e publicacións ata o momento da súa morte. Entre outras obras, durante a súa estancia na Arxentina, traballou como tradutor (Eça de Queirós, Kant) para a editorial Sopena Argentina, asinando como F. L. Álvarez.
Á súa morte foi soterrado no cemiterio de La Chacarita.[1]
ObraEditar
- Ribadeo antiguo: noticias y documentos (Madrid, 1933; reeditado por Ediciós do Castro en 1973).
- Falan os de Ribadeo (publicado en Nós en 1933, nn. 114, 116 e 118) (reeditado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e Ediciós do Castro en 1974).
- Dos mil nombres gallegos (Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires, 1953).
Vida persoalEditar
Casou con Rosa Pérez Fernández, filla de Celestino Pérez Andrade e tivo dous fillos.
RecoñecementosEditar
A Asociación Cultural Francisco Lanza fundouse en Ribadeo ós vinte anos do seu pasamento.[1]
En Ribadeo ten unha rúa adicada.[2]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gutiérrez, Eduardo (13/02/2021). "Aniversario da morte de Francisco Lanza". La Comarca del Eo (5265). p. 4.
- ↑ "Paco Lanza, Ribadeo". OpenStreetMap. Consultado o 2023-01-19.