Rodeiro

concello da comarca de Deza, na provincia de Pontevedra

Coordenadas: 42°39′N 7°57′O / 42.650, -7.950

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.

Rodeiro
Escudo de Rodeiro
Casa do concello de Rodeiro.JPG
Casa do concello.
Situacion Rodeiro.PNG
Situación
Xentilicio[2]rodeirao/á, cambote/-a[1]
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Deza
Poboación2.317 hab. (2022)[3][4]
Área154,9 km²[4]
Densidade14,96 hab./km²
Entidades de poboación20 parroquias[5]
Política (2015)
AlcaldeRubén Quintá (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 1
Outros: UPR 4
Eleccións municipais en Rodeiro
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes88,10%
Na rede
rodeiro.gal
editar datos en Wikidata ]

TopónimoEditar

Rodeiro é un topónimo latino que se refire aos cumes circulares, como poden ser os outeiros ou as localizacións de castros.[8][9][10]

XeografíaEditar

Está situado no centro de Galicia, ao nordeste da provincia de Pontevedra, nas terras altas da dorsal galega. Ten 154,2 km², e conta con 146 entidades de poboación repartidas entre 20 parroquias.

Cara ao leste o concello está orientado á serra do Faro, con cumios de máis de 1.000 m de altitude. Cara ao oeste, está o curso alto do río Arnego e o val de Camba, cunha altitude media entre os 600 e os 700 metros.

PoboaciónEditar

Censo total 2700 (2015)
Menores de 15 anos 205 (7,59 %)
Entre 15 e 64 anos 1490 (55,18 %)
Maiores de 65 anos 1005 (37,22 %)
Evolución da poboación de Rodeiro   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
7.066 6.978 8.181 4.797 3.553 3.143 3.034 2.931 2.844 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

HistoriaEditar

No ano 832 Afonso II cedeu a Salvador de Oviedo o goberno de varias igrexas da zona, aínda que baixo a autoridade do bispo de Lugo, para pagar o censo eclesiástico. Nesa época xa se coñece a zona como Terra de Camba.

A vila de Rodeiro naceu ao amparo dunha antiga fortaleza medieval, da que apenas quedan restos. A Casa - Fortaleza de Camba aparece mencionada no século XIV no testamento de Andrés Sánchez de Gres, a quen lla legara seu tío Afonso Sánchez a condición de formar vínculo con ela.

En 1345 a fortaleza foi vendida por Alonso Suárez de Deza, "Churruchao", xunto con outras propiedades que a súa esposa, Maior Vázquez de Rodeiro, recibira do seu pai, Vasco de Rodeiro, e que foran concedidas polos reis Sancho IV de Castela e Fernando III. Logo de ser confiscada aos Churruchaos, pasou a ser o baluarte máis importante da mitra compostelá na bisbarra. Fernando de Camba, señor da fortaleza de Seoane de Camba, participou na toma de Granada no 1492.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Rodeiro.

Nados en RodeiroEditar

Véxase tamén: Categoría:Nados en Rodeiro.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Rodeiro

Álceme (Santa María) | Arnego (Santiago) | Camba (San Xoán) | Carboentes (Santo Estevo) | Fafián (Santiago) | Guillar (Santa María) | Negrelos (San Cibrao) | Pedroso (San Xiao) | A Portela (San Cristovo) | Río (Santa María) | Riobó (San Miguel) | Rodeiro (San Vicente) | O Salto (Santo Estevo) | San Cristovo do Az (San Cristovo) | San Martiño de Asperelo (San Martiño) | San Paio de Senra (San Paio) | San Salvador de Camba (San Salvador) | Santa Baia de Camba (Santa Baia) | Santa Mariña de Pescoso (Santa Mariña) | Vilela (Santa María)

Lugares de RodeiroEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Rodeiro vexa: Lugares de Rodeiro.

NotasEditar

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e doutros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 57. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Rodeiro".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  5. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Rodeiro". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. 
  9. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  10. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.