O Salto, Rodeiro
Santo Estevo do Salto é unha parroquia que se localiza no concello de Rodeiro. Segundo o IGE en 2012 tiña 137 habitantes (70 mulleres e 67 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.
O Salto | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo do Salto. | |
Concello | Rodeiro[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°43′13″N 7°54′07″O / 42.72040635, -7.90204996Coordenadas: 42°43′13″N 7°54′07″O / 42.72040635, -7.90204996 |
Poboación | 137 hab. (2012) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia Editar
Xunto coa parroquia de Vilela forma o territorio dos antigos prioratos de Oseira. Aínda se poden ver dúas casas monacais no lugar da Granxa.
No lugar de Faílde está a casa familiar de Francisco Javier Vales Faílde.
Patrimonio Editar
En 1948 atopouse no lugar de Casardixo un machado de bronce datado de hai uns 3.200 anos. As medidas son 155 mm x 39 mm (fío) x 15 mm (grosor baixo a asa); o peso é de 300 gr. Ten tres estrías superficiais en cada folla, con tres estrías a cada lado menos profundas. A forma moi curva do fío e o acurtamento da folla abonan a función cortante. As súas proporción son harmónicas e a riqueza decorativa realza a elegancia deste machado. Sorprendeu pola pureza das súas liñas e factura perfecta do machado de dúas asas.
Consérvase unha mámoa megalítica, en Coto dos Mouros.
Da cultura castrexa consérvanse dúas localizacións de poboados castrexos: o de Castro Pequeno e o de Castro Grande.
Xa de época máis recente é a casa reitoral.
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes do Salto, Rodeiro.
-
Casa reitoral do Salto.
Lugares e parroquias Editar
Lugares do Salto Editar
Lugares da parroquia do Salto no concello de Rodeiro (Pontevedra) | |
---|---|
Alemparte | As Antas | Calque | Casardixo | Casares | O Couto | Espasante | Faílde | A Granxa | Quintás |