Javier Vales Faílde
Francisco Javier Vales Faílde, nado en Fornas (San Salvador de Camba, Rodeiro) o 7 de decembro de 1872 e finado en Madrid o 30 de marzo de 1923, foi un sacerdote e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de decembro de 1872 Fornas, España |
Morte | 30 de marzo de 1923 (50 anos) Madrid, España |
Causa da morte | suicidio |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Membro de | |
Traxectoria
editarFillo de José María Vales García, por liña paterna era parente do que fora arcebispo de Zaragoza, Manuel García Gil, e por liña materna de José Antonio Rivadeneira, arcebispo de Valladolid. Realizou os seus primeiros estudos en Chantada e Ourense. Licenciado e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou teoloxía co seu tío Benito Faílde Ribadeneira, deán da catedral de Tui, celebrando a súa primeira misa no pazo materno de Faílde, na parroquia de Santo Estevo do Salto. Trasladouse a Madrid, onde foi nomeado vicario xeral da diocese en 1899, ocupando a cátedra de Principio de Economía Cristiá do Seminario. Foi nomeado Provisor do bispo de Madrid, Guisasola, en 1903 e en 1914 Xuíz Auditor do Tribunal da Rota. Foi capelán do rei Afonso XIII, sacerdote do Real Palacio e confesor da raíña Vitoria Uxía. Cando se suicidou en 1923, estaba proposto para bispo de Sión, Vicario xeral castrense e Patriarca das Indias.
Como escritor
editarColaborador de varios xornais católicos galegos, publicou traballos de socioloxía, literatura e dereito canónico. Dende 1907 dirixiu a revista Galicia. Interesado polos temas sociais, colaborou na Revista Social, e asistiu ao Congreso Internacional para a represión da inmoralidade celebrado en Londres en 1913.
Foi membro da Academia de Ciencias Morais e Políticas, correspondente da Real Academia de Historia, vicepresidente da Real Academia de Xurisprudencia, reitor da Universidade Católica e correspondente da Real Academia Galega.
Obras
editar- Emigración, 1901.
- La emigración gallega, 1902, con prólogo de Antonino Cerviño González.
- Un sociólogo purpurado, 1909.
- Crisis de la familia obrera, 1910.
- Rosalía de Castro.
- La Rota Española.
- Causas canónicas para el divorcio, 1916.
- Disolución del matrimonio rato, 1921.
- La emperatriz Isabel.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.