Galicia (Madrid)
Galicia foi unha publicación editada en Madrid entre 1906 e 1909.

Historia e característicasEditar
Subtitulada primeiro Revista quincenal ilustrada e despois Revista ilustrada, xurdiu como iniciativa da colonia galega no seo do Centro Gallego de Madrid e comenzou a súa andaina o 25 de xullo de 1906. Foi fundada e dirixida por Augusto de Santiago Gadea, que asina como “Abate Lepe” curiosas noticias baixo a epígrafe “Tijereteos”. Pasou a finais de 1907 a mans de Javier Vales Faílde, Manuel Vidal Rodríguez e Basilio Álvarez, e Manuel Vidal pasou a ser director, sendo substituído a partir do número 21 por Basilio Álvarez. Entre os seus colaboradores figuraron Ramón María del Valle-Inclán, Prudencio Canitrot, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Javier Valcarce García, Benigno López Sanmartín e o mesmo Augusto C. de Santiago.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galicia |
BibliografíaEditar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Ligazóns externasEditar
- Ficha e exemplares de Galicia en Galiciana. Unicamente do ano 1907.