Afonso XIII de España

rei de España
(Redirección desde «Afonso XIII»)

Afonso XIII, alcumado «o Africano»,[1] nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Afonso XIII de España
Nome completoAlfonso León Fernando María Jaime Isidro Pascual Antonio de Borbón y Austria-Lorena e Alfonso XIII León Fernando María Santiago Isidro Pascual Antón de Borbón y Habsbourg Lorraine
Nacemento17 de maio de 1886 e 17 de maio de 1886
Lugar de nacementoMadrid e Palacio Real de Madrid
Falecemento28 de febreiro de 1941
Lugar de falecementoRoma
Causaangina
SoterradoCripta Real do Mosteiro do Escorial e Santa Maria in Monserrato degli Spagnoli
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonarca
PaiAfonso XII de España
NaiMaría Cristina de Habsburgo-Lorena
CónxuxeVitoria Euxenia de Battenberg
FillosXaime de Borbón e Battenberg, Beatriz de Borbón y Battenberg, Juan de Borbón y Battenberg, Gonçalo de Espanha, Roger Marie Vincent Philippe Lévêque de Vilmorin, Fernando de Borbón e Battenberg, Afonso, Príncipe das Astúrias, Maria Cristina de Espanha, Juana Alfonsa Milan y Quinones de Leon, Teresa de Borbón y Ruiz, Leandro de Borbón e Mapie de Toulouse-Lautrec
IrmánsMaría de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena e María Teresa de Borbón
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Gran Cruz de Cabaleiro da Real Orde Victoriana, Orde da Aguia Branca, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Ordem de Santo André, Cadea Real Victoriana, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Ordem do Leão Branco, Knight Grand Cross of the Order of Saints Maurice and Lazarus, Orde Suprema do Crisantemo con colar, Cabaleiro da Orde dos santos Mauricio e Lázaro, Cruz Laureada de São Fernando, Ordem de Calatrava, Ordem da Anunciação, Orde da Xarreteira, Ordem do Serafim, Grão-Mestre da Ordem de Santiago, illustrious son, Grand Cross of the Order of Boyacá, Order of Saint Stephen of Hungary e Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion
Na rede
IMDB: nm0454367 Galiciana: 5826 WikiTree: Bourbon-75 Find a Grave: 3969 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vida editar

 
Afonso XIII por Gumersindo Pardo.

En 1902, ao acadar os 16 anos, foi declarado maior de idade e asumiu as funcións de xefe de Estado. Durante o seu reinado visitou todas as provincias españolas e fixo visitas ao estranxeiro. Na súa visita a Francia foi recibido polo que era presidente da República francesa, Émile Loubet, e durante esa visita foron vítimas dun atentado do cal saíron ilesos.

O 31 de maio de 1906, casou coa princesa británica Vitoria Uxía de Battenberg (1887 - 1969), filla de Henrique de Battenberg e da princesa Beatriz. Vitoria Uxía era sobriña do rei Eduardo VII e neta da raíña Vitoria do Reino Unido. Ela, Alteza Serenísima por nacemento, foi elevada ao rango de Alteza Real un mes antes do seu matrimonio, para evitar que o enlace fose considerado desigual.

Cando Afonso XIII e a raíña Vitoria, logo da súa voda, regresaban ao Palacio Real, foron vítimas dun atentado, mediante unha bomba que se atopaba dentro dun ramo de flores que lanzara o anarquista Mateo Morral, fronte ao número 84 da Calle Mayor de Madrid, do que saíron ilesos. Como consecuencia da explosión morreron ou resultaron feridas varias persoas que contemplaban o paso dos monarcas.

Feitos importantes na súa vida editar

Durante o seu reinado, España, tras a intervención dos Estados Unidos na guerra colonial, perdeu as súas últimas posesións ultramarinas en Cuba, Porto Rico e Filipinas, durante o coñecido como desastre do 98. Xa no século XX desencadeouse novamente a guerra na zona norte de Marrocos que fora adxudicada a España nas reparticións internacionais. O conflito localizouse fundamentalmente na área máis próxima á cidade de Melilla, en contra dos rifeños de Abd el-Krim.

 
O atentado na Calle Mayor de Madrid, 1906.

A partir de 1923, durante a Ditadura de Primo de Rivera, este constituíu un goberno ao que denominou directorio, que estivo formado nun primeiro momento exclusivamente por militares (Directorio Militar) e, posteriormente (1925), tivo un carácter civil (Directorio Civil). Durante a ditadura púxose fin á guerra do Rif co desembarco de Alhucemas en 1925, e máis axuda francesa, que permitiu a conquista española definitiva do Rif en 1927. En 1929 celebráronse a Exposición Universal en Barcelona e a Iberoamericana en Sevilla, pero a oposición crecente que xerou o ditador, especialmente estendida entre estudantes, intelectuais e o corpo de Artillaría (opoñíanse á reforma que pretendía o ditador do seu sistema de ascensos) fixeron que Afonso XIII apartase a Miguel Primo de Rivera do goberno o 29 de xaneiro de 1930, nomeando presidente do consello de ministros ao xeneral Dámaso Berenguer coa intención de retornar ao réxime constitucional. Este novo período coñeceuse enseguida como "a dictablanda", por contraste coa ditadura anterior.

Tras a caída do ditador -que faleceu semanas despois-, aumentaron as manifestacións antimonárquicas, acusouse ao rei de apoiar a ditadura de Primo de Rivera e de ter responsabilidades no desastre de Annual. Ese ano os partidos republicanos uníronse fronte a monarquía coa firma do Pacto de San Sebastián. Houbo pronunciamentos militares republicanos que foron frustrados polo goberno na base aérea de Cuatro Vientos (Madrid) e en Jaca (este último encabezado polos capitáns Fermín Galán e Ángel García Hernández, que foron fusilados tras un consello de guerra). En febreiro de 1931 o almirante Juan Bautista Aznar foi designado presidente do consello por Afonso XIII. O seu goberno convocou eleccións municipais o 12 de abril de 1931. Ao coñecerse nas eleccións mencionadas a vitoria nas cidades das candidaturas republicanas, Aznar pronunciou, o día 13, diante da prensa, unha frase histórica: "Que queren vostedes que lles diga dun país que se deita monárquico e se ergue republicano!" (aínda que a frase exacta fora pronunciada por José María Pemán seis meses antes nunha conferencia no Cinema Europa de Cuatro Caminos en Madrid e dicía: "España non pode deitarse un día sendo monárquica e erguerse republicana ao día seguinte").[2]

O 14 de abril proclamouse a Segunda República Española e o rei abandonou o país ese mesmo día, renunciando á Xefatura do Estado, pero sen unha abdicación formal. Viaxou a Cartaxena e partiu para Marsella nun buque da Armada Española para trasladarse dende alí a París.

Durante o exilio residiu en diversos lugares, aínda que os últimos anos da súa vida os pasou en Roma. Tras a morte de Alfonso Carlos de Borbón, duque de San Jaime, pretendente carlista, en 1936, recibiu os posibles dereitos do carlismo e do lexitimismo francés. O 15 de xaneiro de 1941 renunciou á xefatura da Casa Real en favor do seu fillo Juan. Faleceu o 28 de febreiro de 1941 no Gran Hotel de Roma a causa dunha anxina de peito. Estivo enterrado na igrexa española de Montserrat da capital italiana até que, en 1980, o seu neto o rei Xoán Carlos I ordenou o traslado dos seus restos ao Panteón Real do Mosteiro do Escorial.

Descendencia editar

A parella tivo sete fillos:

  • Alfonso (Alfonso Pío Cristino Eduardo, 1907 - 1938), príncipe de Asturias, naceu hemofílico e renunciou aos seus dereitos á coroa en 1933 para contraer matrimonio cunha plebea. Conde de Covadonga dende entón.
  • Jaime (Jaime Leopoldo Isabelino Enrique, 1908 - 1975), xordomudo como consecuencia dunha operación na infancia, renunciou, tamén, ao seu dereito de ser rei. Duque de Segovia e Duque de Madrid, pretendente ao trono de Francia dende 1941 a 1975, coñecido como Duque de Anjou.
  • Beatriz (Beatriz Isabel Federica Alfonsa Eugenia, 1909 - 2002), converteuse na princesa de Civitella-Cesi polo seu matrimonio con Alexandro Torlonia.
  • Fernando (1910), naceu morto.
  • Cristina (María Cristina Teresa Alejandra, 1911 - 1996).
  • Juan (Juan Carlos Teresa Silvestre Alfonso), Conde de Barcelona, pretendente do trono de España dende 1941 ata 1975.
  • Gonzalo (Gonzalo Manuel María Bernardo, 1914 - 1934), tamén naceu hemofílico.

Afonso tamén tivo tres fillos fóra do matrimonio, Roger Leveque de Vilmorin (1905 - 1980), coa aristócrata francesa Mélanie de Gaufridy de Dortan; Leandro Alfonso Ruiz Moragas (1929 - 2016) recoñecido pola xustiza española o 21 de maio de 2003 como Leandro Alfonso de Borbón Ruiz, fillo do rei, e a súa irmá Ana María Teresa Ruiz Moragas. A nai de ámbolos dous irmáns foi a actriz española Carmen Ruiz Moragas.

Notas editar

  1. Haro Tecglen, Eduardo (6 de xuño de 2002). "Alfonso XIII". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de agosto de 2023. 
  2. Álvarez Chillida (1997), p. 36

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Álvarez Chillida, Gonzalo (1997). José María Pemán, pensamiento y trayectoria de un monárquico. (1897-1941) (en castelán). Cádiz: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Cádiz. ISBN 8477863059. 

Outros artigos editar


Predecesor:
Afonso XII
  
Rei de España
 
1886 - 1931
Sucesor:
Ningún
(Niceto Alcalá Zamora,
Presidente da IIª República)