Xaime de Borbón e Battenberg
Xaime de Borbón e Battenberg, nado en La Granja, Segovia, o 23 de xuño de 1908 e finado en Sankt Gallen, Suíza, o 20 de marzo de 1975, foi infante de España e duque de Segovia.
(1935) | |
Nome orixinal | (es) Jaime de Borbón y Battenberg |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Jaime Leopoldo Isabelino Enrique Alejandro Alberto Alfonso Víctor Acacio Pedro Pablo María de Borbón y Battenberg 23 de xuño de 1908 La Granja de San Ildefonso, España |
Morte | 20 de marzo de 1975 (66 anos) Sankt Gallen, Suíza |
Causa da morte | caída de altura |
Lugar de sepultura | Panteón de Infantes |
Outro | |
Título | Infante de España Duke of Segovia (en) Duque de Anjou |
Familia | Dinastía Borbón |
Cónxuxe | Charlotte Tiedemann (1949–) Emmanuelle de Dampierre (1935–) |
Fillos | Afonso de Borbón e Dampierre () Emmanuelle de Dampierre Prince Gonzalo de Bourbon () Emmanuelle de Dampierre |
Pais | Afonso XIII de España e Vitoria Uxía de Battenberg |
Irmáns | Afonso de Borbón e Battenberg Beatriz de Borbón e Battenberg María Cristina de Borbón e Battenberg Xoán de Borbón e Battenberg Gonzalo de Borbón e Battenberg |
Premios | |
Traxectoria
editarSegundo dos fillos do rei Afonso XIII e Vitoria Uxía, naceu no Palacio Real de La Granja de San Ildefonso (Segovia).
O infante quedou xordo aos catro anos de idade tras unha intervención cirúrxica por unha dupla mastoidite.
En 1921 o seu pai nomeouno cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro[1] e, por senllos Reais Decretos de 7 de decembro de 1925, concedeulle o Colar da Real e Distinguida Orde Española de Carlos III e a Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica.[2] Seis anos despois, o 2 de febreiro de 1931, Afonso XIII tamén lle entregou o Colar desta última orde e, o 2 de marzo daquel ano foi investido Comendador Maior vacante da Orde de Calatrava, da que xa era cabaleiro desde 1928.
Tivo que abandonar España sendo moi xove ao proclamarse en 1931 a II República.
Ao renunciar aos seus dereitos sucesorios o seu irmán máis vello Afonso para casar cunha muller que non pertecía á realeza, o seu pai tamén lle pediu a Xaime que fixese o mesmo; este aceptou a petición paterna e renunciou o 23 de xuño de 1933. Afonso XIII non o consideraba capacitado, ao ser xordo, para poder ocupar o trono en caso de que a monarquía se restaurase en España. Desde entón utilizoi o título de duque de Segovia.
En 1941, os lexitimistas franceses consideraron a Xaime como xefe da Casa de Borbón e pretendente ao trono de Francia. Os seus partidarios coñcérono como Henrique VI de Francia e Navarra.[3]
Xaime casou o 4 de marzo de 1935, na igrexa de Santo Ignacio de Loiola de Roma, con Emanuela de Dampierre e Ruspoli (1913-2012), filla do nobre francés Roger de Dampierre e Carraby (1892-1975), vizconde de Dampierre, duque pontificio de San Lorenzo Nuovo e nobre de Viterbo, e da súa primeira esposa, a princesa italiana Vittoria Ruspoli de Poggio Suasa (1892-1982).[4]
Tiveron dous fillos:
- Afonso de Borbón e Dampierre, duque de Anjou, duque de Cádiz (1936-1989).
- Gonzalo de Borbón e Dampierre, duque de Aquitania (1937-2000).
Xaime e Emanuela de Dampierre divorciáronse o 4 de maio de 1947 en Bucarest, Romanía (o divorcio foi recoñecido polo Tribunal de Apelación de Turín o 3 de xuño de 1949, pero non, obviamente, en España).
O 3 de agosto de 1949, Xaime de Borbón casou civilmente en Innsbruck cunha cantante de ópera, Charlotte Luise Auguste Tiedemann (1919-1979), filla de Otto Eugen Tiedemann e Luise Amalia Klein. Charlotte era dúas veces divorciada (de Franz Büchler e de Fritz Hippler), e era nai dunha filla, Helga Charlotte Hippler.
O 6 de decembro de 1949, Xaime de Borbón intentou que a súa renuncia aos dereitos de sucesión ao trono de España fose invalidada, opoñéndose a que o seu irmán Xoán de Borbón fose considerado o xefe da Casa Real.
O 3 de maio de 1964 tomou o título de duque de Madrid como xefe da rama carlista da sucesión española, sendo recoñecido como rei Xaime IV de España polo grupo de carlistas que non apoiaban a reclamación de Xavier de Borbón-Parma, despois de que Afonso Carlos, duque de San Jaime morrera en 1936.[5]
Pero o 19 de xullo de 1969, Xaime de Borbón renunciou definitivamente a continuar reclamando os seus posíbeis dereitos dinásticos, cando o príncipe Xoán Carlos foi designado sucesor polo ditador Francisco Franco, ao solicitarlle este xesto o seu fillo Afonso.
Porén, algúns anos despois tratou de que o ditador nomeara sucesor ao seu fillo (que casara coa neta de Franco) e apartara da sucesión á xefatura de Estado a Xoán Carlos.
Xaime de Borbón morreu no Hospital Cantonal de Sankt Gallen, Suíza, o 20 de marzo de 1975. Dez anos despois, o rei Xoán Carlos I ordenou o traslado dos seus restos ao Mosteiro de El Escorial.
Filmografía sobre a súa persoa
editarDurante a segunda quincena de setembro de 2010, a canle de televisión española Telecinco emitiu un biopic sobre a vida de Afonso de Borbón e Dampierre —un dos fillos de Xaime de Borbón— en dous capítulos, titulado Alfonso, el príncipe maldito. O papel de Xaime foi interpretado polo actor Pedro Miguel Martínez.[6]
Distincións honoríficas
editar- Cabaleiro da Insigne Orde do Vélaro de Ouro (Rama española, 1921).[7]
- Cabaleiro Gran Colar da Real e Distinguida Orde de Carlos III (Reino de España, 07/12/1925).[8]
- Cabaleiro Gran Cruz da Real Orde de Isabel a Católica (Reino de España, 07/12/1925).[8]
- Cabaleiro da Orde de Calatrava (Reino de España, 27/03/1928).[9]
- Cabaleiro Gran Colar da Real Orde de Isabel a Católica (Reino de España, 02/02/1931).[10][11]
- Comendador Maior vacante da Orde de Calatrava (Reino de España, 02/03/1931).[10][12]
- Cabaleiro da Orde do Elefante (Reino de Dinamarca, 06/02/1929).[13]
- Cabaleiro Gran Cruz de Xustiza da Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Xurxo (Casa de Borbón-Dúas Sicilias).
- Cabaleiro da Orde da Aguia de Xeorxia e a Túnica Sen Costuras de Noso Señor Xesucristo (Casa de Bagration).[14]
Árbore xenealóxica
editarPredecesor: Afonso de Borbón e Habsburgo-Lorena (Afonso XIII de España, como Afonso I) |
Pretendente ao trono de Francia[15][16]
1941 - 1975 |
Sucesor: Afonso de Borbón e Dampierre (como Afonso II) |
Predecesor: Título de nova creación |
Duque de Segovia 1933 - 1975 |
Sucesor: Único posuidor, con carácter vitalicio |
Notas
editar- ↑ Carta del grefier de la Orden del Toisón de Oro, Emilio de Palacios, al Infante Don Jaime, en que le comunica la decisión de Alfonso XIII de nombrarlo caballero de la Orden y los trámites que ha de seguir. Real Biblioteca. Consultado o 14 de agosto de 2014.
- ↑ Política nacional, ABC, 8 de decembro de 1925. Consultado el 14 de agosto de 2014.
- ↑ L'Institut de la Maison de Bourbon Consultada o 14 de agosto de 2014. (en francés)
- ↑ Fallece en Roma Emmanuella de Dampierre, abuela de Luis Alfonso de Borbón ABC Gente&Estilo, 03/05/2012.
- ↑ Bergamini, John D. (1974). The Spanish Bourbons: The History of a Tenacious Dynasty. New York, NY: Putnam. ISBN 978-0399113659. Consultado o 14 de agosto de 2013.
- ↑ Alfonso, el príncipe maldito
- ↑ Geneall
- ↑ 8,0 8,1 Política nacional, ABC, 8 de decembro de 1925. Consultado o 14 de agosto de 2014.
- ↑ Boletín Oficial del Estado
- ↑ 10,0 10,1 "Órdenes Militares". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2014. Consultado o 14 de agosto de 2014.
- ↑ Boletín Oficial del Estado
- ↑ Boletín Oficial del Estado
- ↑ Jørgen Pedersen: Riddere af Elefantordenen 1559–2009, Odense: Syddansk Universitetsforlag, 2009. ISBN 87-7674-434-5.
- ↑ Casa Real de Xeorxia. Historia de la Orden del Águila de Georgia y la Túnica Sin Costuras de Nuestro Señor Jesucristo Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Revista Hidalguía número 291 (en castelán)
- ↑ Royalty Who Wait: The 21 Heads of Formerly Regnant Houses of Europe (en inglés)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xaime de Borbón e Battenberg |
Bibliografía
editar- Aranguren, Begoña (2003): Emanuela de Dampierre: memorias, esposa y madre de los Borbones que pudieron reinar en España. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-141-4.
- Zavala, José M. (2006): Don Jaime, el trágico Borbón: la maldición del hijo sordomudo de Alfonso XIII. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-565-7.