Cartaxena

concello da Rexión de Murcia

Cartaxena[1] (en castelán: Cartagena) é unha cidade e concello español situado xunto ao mar Mediterráneo, pertencente á Rexión de Murcia. Ten 210.376 habitantes (INE 2008), repartidos nun termo municipal de 558,3 km², sendo a segunda cidade da rexión tras Murcia. Está situada ao sur da chaira denominada Campo de Cartaxena, comarca da que é capital e que ten unha poboación total de 332.035 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaCartaxena
Cartagena (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°36′07″N 0°59′03″O / 37.6019, -0.9842
EstadoEspaña
Comunidade autónomaRexión de Murcia Editar o valor en Wikidata
Capital de
Canton of Cartagena (en) Traducir (1873–1874) Editar o valor en Wikidata
CapitalCartagena city (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación218.050 (2023) Editar o valor en Wikidata (390,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie558,08 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo e Mar Menor Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación227 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
15 de agosto de 1873Siege of Cartagena (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataNoelia Arroyo (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal30200–30299, 30200–30205, 30290, 30300 e 30310 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico968 Editar o valor en Wikidata
Código INE30016 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Ferrol (1973–)
Cartaxena de Indias (1987–)
Cartago (município) (pt) Traducir (1992–)
El Burgo de Osma-Ciudad de Osma (1996–)
Berzocana (pt) Traducir (2000–)
Terni (2002–)
Los Alcázares (2011–) Editar o valor en Wikidata
Ben de interese cultural
IdentificadorRI-53-0000237

Sitio webcartagena.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX95392

A economía de Cartaxena baseouse tradicionalmente na explotación de chumbo, prata e cinc da serra mineira e o sector químico (sulfuro, fertilizantes fosfatados e explosivos). Na actualidade, esgotados os filóns mineiros, Cartaxena vive principalmente da construción e reparación naval, o refinado de petróleo e a exportación de aceite de oliva, froitas, cítricos, hortalizas, esparto, viño e produtos metálicos. Así mesmo, é unha das principais bases navais do país, xunto con Rota e Ferrol, e un emerxente destino turístico grazas ao seu denso patrimonio artístico, legado de máis de 2.500 anos de historia.

Cartaxena é famosa polas súas festas maiores de Cartaxineses e Romanos e as procesións de Semana Santa. Do seu vasto patrimonio monumental destacan o Submarino Peral exposto no porto, o recentemente restaurado Teatro Romano (o máis grande da península tras o de Mérida), numerosos restos arqueolóxicos de época cartaxinesa e romana, fortalezas, baterías de costa, edificacións de carácter militar e numerosos edificios modernistas e neoclásicos.

Como capital lexislativa da Comunidade Autónoma, Cartaxena é sede da Asemblea Rexional.

Toponimia

editar

O topónimo castelán Cartagena procede do cartaxinés quart-hadast, que significa "cidade nova". Foi denominada en latín Carthago Nova, "nova Cartago". Do acusativo latino Carthaginem saíu a forma tardía que derivaría no árabe قرطجانة (Qarṭaǧānatu), forma inmediatamente previa á actual, Cartagena.[2]

Xeografía

editar
 
Vista satélite do Campo de Cartaxena, Mar Menor e Cabo de Palos.
 
Pazo Consistorial de Cartaxena.
 
Casas de Tallante en Campo Nubla

As súas coordenadas son 37º 36' N, e 0º 59' O, e comprende unha extensión de 558,3 km².

O centro histórico da cidade atópase asentado sobre cinco pequenos outeiros, chamados Molinete, Monte Sacro, Monte de San José, Despeñaperros e Monte da Concepción, o que deu lugar a que fose coñecida como "a pequena Roma" na antigüidade.

Cartaxena constitúe un grande plano inclinado con dirección NO-SE limitado: ao norte e noroeste polas serras pre-litorais (Carrascoy, El Puerto, Los Villares, Columbares e Escalona), e polo sur e suroeste polas serras litorais (El Algarrobo, La Muela, Pelayo, Gorda, La Fausilla e Minera, cos seus últimos contrafortes en Cabo de Palos). Os materiais dominantes son sedimentarios, como a calcaria, e metamórficos, como a laxe, mármore etc.

A cidade ábrese ao mar Mediterráneo polo sur a través dunha ampla baía delimitada polos contrafortes dos montes de San Julián e Galeras.

Organización territorial

editar

Os 558,3 km² do seu termo municipal estrutúranse en diversas localidades e casaríos espallados que se administran baixo a figura das deputacións. Dentro delas hai numerosas aldeas, barriadas e casaríos. Ademais o casco urbano ten numerosos barrios.

Os barrios de Cartaxena agrúpanse nas seguintes deputacións: Casco Urbano, San Antonio Abad, El Plan, La Magdalena, Canteras, Santa Lucía, San Félix, El Hondón, Alumbres e Escombreras.

As aldeas do termo municipal agrúpanse nas seguintes diputaciones: Rincón de San Ginés, El Algar, La Palma, Pozo Estrecho, El Albujón, La Aljorra, Perín, Beal, Miranda, Lentiscar, Los Puertos de Santa Bárbara, Campo Nubla e Los Médicos.

Hai unha predominancia dos ombroclimas árido e semiárido, cunha grande extensión do andar termomediterráneo, unha variada xeoloxía e unha diversificada xeomorfoloxía. O clima da zona defínese como subtropical mediterráneo árido ou subárido, de abrigo topográfico ou subtropical estepario. A posición marítima suaviza as temperaturas, se ben as precipitacións superan os 300 mm anuais, atopándonos ante unha das zonas mais áridas do país.

A temperatura media anual rolda os 20 °C. O mes máis frío é xaneiro cunha media de 12 °C. En agosto, o mes máis caloroso, a temperatura media chega aos 28 °C.

O vento constitúe un dos factores climáticos máis importantes da bisbarra. Son os fluxos do terceiro e primeiro cuadrante os que predominan, debido ao efecto de barreira que supoñen as serras litorais das cordilleiras Béticas, que favorecen un troco de rumbo a suroeste, e á canalización dos fluxos no portiño tectónico que constitúe Cartaxena e o mar Menor.

Demografía

editar
 
Evolución demográfica de Cartaxena, 1900-2005.

Segundo os dados que obran no concello, a 1 de xaneiro de 2007, o municipio de Cartaxena conta cunha poboación de 211.329 habitantes (107.736 homes e 103.593 mulleres), dos cales, 176.021 moran na cidade e 35.840 nas deputacións do municipio.

Segundo o censo INE 2006, o 12,75% dos habitantes de Cartaxena son de nacionalidade estranxeira[3].

A súa área metropolitana, integrada polos municipios de La Unión, Fuente Álamo, Los Alcázares, San Javier, Torre Pacheco e San Pedro del Pinatar, ten 332.035 habitantes.

Evolución demográfica do municipio de Cartaxena [4]
1857 1877 1887 1900 1910 1920 1930 1940
Poboación 59.618 75.908 84.171 99.871 102.542 96.891 102.518 113.468
1950 1960 1970 1981 1991 1996 2000 2007
Poboación 113.160 123.630 146.904 172.751 173.061 170.483 183.799 211.329

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Cartaxena.
 
Hispania tras a división provincial de Diocleciano.
 
Hispania no s.VI.

Tense constancia certa da fundación da cidade de Cartaxena ó redor do ano 227 a. C. polo xeral cartaxinés Asdrúbal o Belo co nome de Qart Hadasht (Cidade Nova), posiblemente sobre un asentamento tartesico anterior de nome Mastia de Tarse, do que se teñen noticias dende o século VI a. C.

A cidade cartaxinesa de Qart Hadasht sería a principal base dos cartaxineses en España, e dela partiu Haníbal na súa famosa expedición a Italia, que lle levaría a cruzar os Alpes, ao comezar a segunda guerra púnica no ano 218 a. C. O xeral romano Escipión tomou Cartaxena no ano 209 a. C., sendo posesión romana desde entón co nome de Cartago Nova, e unha das cidades romanas máis importantes de Hispania.

Nun principio, Carthago Nova dependeu administrativamente da Hispania Citerior con capital en Tarraco (Tarragona). Durante o goberno de Augusto, a cidade foi elevada a rango de colonia co nome de Colonia Vrbs Iulia Nova Carthago (C.V.I.N.C) co que os seus habitantes pasaban a considerar-se cidadáns de dereito romano. Durante o goberno de Tiberio, creouse o Conventus Iuridicus Carthaginensis con capital na cidade, dentro da provincia tarraconense.

No ano 298, o emperador Diocleciano dividiu a Tarraconense en tres provincias, constituíndo a provincia romana Cartaxinense e estabelecendo a capital na cidade de Cartaxena. Cara ao ano 425 a cidade foi saqueada polos vándalos antes de pasar estes a África.

Tras a caída do Imperio de Occidente e o establecemento dos reinos xermanos en España, cara ao 550 Cartaxena foi conquistada polo emperador bizantino Xustiniano I e converteuse na capital da Provincia de Spania do Imperio Bizantino baixo o nome de Carthago Spartaria.

Os visigodos, dirixidos polo rei Suintila, tomaron e, segundo conta Santo Isidoro destruíron e asolaron por completo a cidade, causando unha profunda decadencia. Non obstante, este comentario se cadra pecou de esaxerado, xa que en 675, Munulo, bispo de Cartaxena, aparece asinando unha das actas dos concilios de Toledo, o que demostra que nese momento había un bispo co seu sede na cidade.

Durante a dominación árabe, Cartaxena experimentou unha certa recuperación e contou cunha mesquita e unha alcazaba fortificada sobre o actual cerro da Conceizón.

En 1245 prodúcese a reconquista da cidade, e restáurase o bispado de Cartaxena, aínda que uns poucos anos despois a sede foi trasladada a Murcia. En 1296 pasaría á Coroa de Aragón, lexitimada a posesión pola Sentenza Arbitral de Torrellas, pero o Tratado de Elx de 1305 devolvería a cidade ao Reino de Castela.

Cartaxena experimentou unha grande recuperación co establecemento da dinastía dos Borbóns no século XVIII, período no que Cartaxena convértese na capital do Departamento Marítimo do Mediterráneo, e constrúense numerosas obras de carácter militar, como as murallas da cidade e os diversos castelos que a rodean, así como o Hospital de Mariña.

No século XIX o acontecemento máis importante é a revolución cantonal que comezou o 12 de xullo de 1873, en que a cidade ergueuse contra o goberno central en defensa das teses federalistas. O alzamento de Cartaxena tivo grande relevancia pola importancia militar da cidade, que resistiu até que en xaneiro de 1874 as tropas do xeral López Domínguez entraron na cidade.

Durante a guerra civil española de 1936-1939 Cartaxena foi a única base naval que ficou baixo control da República, e a última cidade en caer en mans dos sublevados, o 31 de marzo de 1939.

Actualmente Cartaxena forma parte da comunidade autónoma da Rexión de Murcia, e é sede da Asemblea Rexional.

Historia de Cartaxena na arte

editar

"A clemencia de Escipión", tamén chamada "A Continencia de Escipión" é o relato lendario e mitolóxico da toma da cidade de Cartago Nova polo xeral romano Escipión o Alfricano, narrado polos historiadores Polibio e Tito Livio, e que converteuse nun dos temas preferidos da poesía, a literatura, a escultura e a ópera de tema histórico do renacemento e o barroco.

Economía

editar

Administración

editar

As primeiras eleccións municipais democráticas celebráronse en 1979. Até entón non existían partidos políticos.

Lista de alcaldes
Lexislatura Nome Grupo
1949-1960 Miguel Hernández Gómez (Franquismo)
1960-1966 Federico Triño Figueroa (Franquismo)
1966-1973 Ginés Hortas Celdrán (Franquismo)
1974-1976 Luis Roch Sánchez (Franquismo)
1976-1977 Manuel Antonio García Candela (Transición Democrática)
1977-1979 Bernardo García Pagán (Transición Democrática)
1979-1983 Enrique Escudeiro de Castro PSOE
1983-1987 Juan Martínez Simón PSOE
1987-1991 Antonio Vallejo Alberola Partido Cantonal
1991-1995 José Antonio Alonso Conesa PSOE
1995-1999 Pilar Barreiro Álvarez PP
1999-2003 Pilar Barreiro Álvarez PP
2003-2007 Pilar Barreiro Álvarez PP
2007-2011 Pilar Barreiro Álvarez PP
2011-2015 Pilar Barreiro Álvarez PP
2015-2017 José López Martínez MC

Lugares de interese

editar
Artigo principal: Arquitectura de Cartaxena.

Ao longo dos séculos, Cartaxena acumulou un importante patrimonio monumental, desde os restos mais antigos, do século III a.C. até as novas construcións aínda en execución.

 
Teatro romano de Cartaxena, en proceso de restauración, e sobre el as ruínas da antiga catedral de Cartaxena.

Patrimonio arqueolóxico

editar

Os xacementos máis importantes son:

Tamén destacan as caldas e conxunto do decumano, a Casa da Fortuna, a necrópole tardorromana e a Torre Cega.

Fortificacións e construcións militares

editar
 
Muralla de Carlos III. s.XVIII

A condición de praza naval de Cartaxena fíxoa dotarse dun amplo número de construcións e fortificacións de índole militar. No contorno da cidade atópanse varios castelos defensivos e baterías de costa dos séculos XVIII e XIX, como San Julián, La Atalaya, San José, Galeras ou o Forte de Navidad.

Consérvase parte da última muralla da cidade edificada durante o reinado de Carlos III entre 1766 e 1786.

Dentro do recinto amurallado destacan outras construcións militares, como o antigo castelo da cidade, o Castelo da Concepción, o Arsenal Militar, o antigo Hospital de Mariña e o Cuartel de Antiguons (ambas construcións do XVIII), a antiga Escola de gardamariñas, o edificio de Capitanía Xeneral ou o antigo Parque de artillaría (hoxe museo).

Outras edificacións destacadas

editar
 
Grande Hotel. Víctor Beltrí, 1916

Todo o centro histórico de Cartaxena foi declarado Conxunto Histórico-Artístico, especialmente pola gran cantidade de edificios construídos pola burguesía da vila do s.XIX e principios do XX, a maior parte deles de estilo modernista.

Xunto a algunhas construcións do XVIII, como o antigo pazo do Marqués de Casatilly, actualmente Casino da cidade ou a casa de Antonio de Escano, as máis destacadas construcións son as realizadas durante os últimos anos do século XIX e primeiros do XX en estilo modernista. Entre as máis significativas estarían a Casa Pedreño (1872), a Casa Cervantes (1900), o Pazo de Aguirre (1900), o Pazo Consistorial (1907), a Casa Zapata (1909), o Grande Hotel (1916), a Casa Llagostera (1916) obras de arquitectos como Tomás Rico, Carlos Mancha ou Víctor Beltrí.

Existen tamén varias igrexas destacadas dende o punto de vista histórico-artístico. A máis destacada é a antiga Catedral da Nosa Señora da Asunción, actualmente en ruínas tras os bombardeos da guerra civil española.

Outras igrexas destacadas son a de Santa María de Gracia, construída no século XVIII e da que saen as procesións de Semana Santa e a igrexa da Caridade, de 1893 en estilo neoclásico e sede a patroa de Cartaxena, a Virxe da Caridade.

Na actualidade séguense realizando construcións destacadas, como as novas construcións actualmente en execución como o Museo do Teatro Romano, de Rafael Moneo, o Museo Nacional de Arqueoloxía Submarina, o Novo Club de Regatas, ou o Pazo de Deportes.

A 15 km da cidade consérvanse os restos do mosteiro de San Ginés de la Jara, de orixe medieval, aínda que a súa configuración actual data do século XVII.

Museos

editar
 
Augusto togado. Museo Arqueolóxico Municipal.
  • Museo Arqueolóxico Municipal. Edificado sobre unha necrópole tardorromana.
  • Museo Nacional de Arqueología Marítima. Na actualidade ultimando a construción da súa nova localización xunto ao porto.
  • Museo do Teatro Romano. Obra de Rafael Moneo. Prevista a súa inauguración en 2008.
  • Museo Naval. Localizado nas antigas Escolas da Sociedade Española de Construción Naval.
  • Museo Militar. Comparte co Arquivo Municipal o espazo do antigo Parque de Artillaría.
  • Museo Carmen Conde - Antonio Oliver. No Centro Cultural da cidade, recriando a casa deste matrimonio de escritores.
  • Museo etnográfico do Campo de Cartaxena. Atópase na Deputación de Cartaxena dos Puertos de Santa Bárbara.

Monumentos

editar

Outros moitos bustos e monumentos atópanse polas rúas, prazas e parques de Cartaxena. Entre outros os dedicados ao Comandante Villamartín (obra de José Capuz), Isidoro Máiquez, Monroy, Antonio Álvarez Alonso ou o popular Icue.

Gastronomía

editar

Os pratos mais coñecidos de Cartaxena son o caldero, un arroz elaborado polos pescadores preparado con pescado de roca e os michirones, un guiso feito con favas secas.

Outros pratos típicos son o arroz e coello, o coello ao allo cabañil, as salgaduras (pescado seco) e sobremesas como o arrope (doce elaborado con figos secos), o Touciño de ceo e o Pan de Calatrava.

Entre as bebidas destaca o asiático (un café con licor e outros condimentos), a láguena (mestura de anís e viño doce a partes iguais) e o reparo (coñac e viño doce a partes iguais).

Deportes

editar

Cartaxena ten diversos equipos en competicións de nivel nacional. Destacan o Fútbol Club Cartagena, que milita na Segunda División de fútbol, o Cartagena Fútbol Club, o Muebles Tuco Cartagena FS, na Liga Nacional de fútbol sala, o Club de Amigos del Baloncesto Cartagena, na Liga EBA de Baloncesto, ou o UCAM Tenis de Mesa na Superdivisión de Honra de tenis de mesa, único que participou en competicións europeas.

Outros equipos da cidade son o Club Atletismo Mandarache, o UCAM Atletismo CartagenaArquivado 01 de febreiro de 2020 en Wayback Machine., o Club Marathon Cartagena, o Club de Tenis Cartagena, o Club Balonmano Cartagena, o Club Balonmano Maristas Ceregón, o Club Voleibol Talasur Cartagena, a Asociación Desportiva Algar Surmenor, o Real Club de Regatas de Cartagena, o Club Natación Cartagonova-Cartagena e o Club de Rugby universitario de Cartagena.

Instalacións deportivas

editar

Entre as instalacións desportivas da cidade destacan fundamentalmente o Estadio Cartagonova, inaugurado en 1988, o antigo Pavillón Municipal de Desportes Wsell de Guimbarda, a Piscina Municipal cuberta, o Centro Deportivo Mediterráneo e o Pazo de Deportes.

Festividades

editar
 
Xesús Nazareno da confraría Marraja

Lugares homónimos

editar

Fundada polos cartaxineses, Cartaxena adoptou o seu nome da vella cidade púnica de Cartago. Durante o Imperio Español fundáronse diversas cidades con este nome::

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cantonalista.
  2. J. Sanmartín (1994). "Toponimia y antroponimia: fuentes para el estudio de la cultura púnica en España". En A. González Blanco; J.L. Cunchillos Ilarri; M. Molina Martos. El mundo púnico: historia, sociedad y cultura. Murcia: Consejería de Cultura y Educación. Región de Murcia. pp. 227–250. ISBN 84-7564-160-1. 
  3. Fonte: Estatística do censo segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades).[Ligazón morta]
  4. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística de España. Alteracións dos municipios nos Censos de poboación desde 1842,[Ligazón morta] Series de poboación dos municipios de España desde 1996.[Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • MARTÍNEZ ANDREU, M. Manual de Historia de Cartagena, Concello de Cartaxena. 1996.
  • ACOSTUMAR CANTOU, J. A Historia de Cartagena. 2ª.ed. Murcia,1999.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar